O s sábado 27 de Setembro de 2008, a partires das 20.00 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene), a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” celebrará a XX Xuntanza de Gaiteiros, actividade que organiza tódolos anos dende 1988. Nestas xuntanzas, ademais da participación de distintas bandas, grupos ou músicos, realízase unha homenaxe a algunha persoa, grupo ou entidade que se caracteriza por gardar, recoller, recuperar e dar a coñecer a nosa música.
Este ano a homenaxe vai dedicada ao grupo “Leilía”.
Leilía e un grupo que se pode considerar case que imprescindible, non so na preservación das esencias da tradición cantada, senón tamén na súa faceta de recolleita, a pé de campo, do repertorio tradicional. Foron as primeiras pandeireteiras ou cantareiras en gravar e tamén en normalizar (no que a recoñecemento, difusión e equiparación co resto da nosa música se refire) esa tradición oral transmitida de xeración en xeración.
Nesta XX Xuntanza de Gaiteiros participarán: “Treixadura Gaiteiros e Orfeón”, “Pradairo”, “Leilía” e a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene”. A Xuntanza será presentada por Quico Cadaval.
|