Despois de tres anos de non parar, por cuarto ano consecutivo chega a sonada, a esperada... Ruada de Cabaleiros (Ruada da Pontepedra para os mais localistas). A organización corre da man da Asociación Cultural Brisas do Quenllo da Pontraga, pero precisamos colaboración pois, tal como o palleiro non se fai sen palla, a festa non se fai sen bos festeiros. Queremos, logo, contar con todas e todos vós para facer, entre todos, unha festa do melloriño. Con cantador@s, tocador@s, beilador@s...
O 21 de abril é o dia grande da festa, na Pontepedra, mesmo no corazón de Tordoia, na Sala Calviño, ó abrigo, non vaia ser que nos colla a auga por sorpresa.