>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Os vellos non deben de namorarse - Exposición e acto de homenaxe

(ultima actualización: 13 / 4 / 12 )





A estrea mundial de "Os vellos non deben de namorarse" celebrouse o 14 de agosto de 1941 no teatro Mayo da capital arxentina. O elenco de actores estaba composto por emigrantes galegos formados teatralmente na emigración.

Tiveron que pasar vinte anos dende aquela estrea en Bos Aires para que a obra puidese ser estreada en Galicia. Ata 1961 non se conseguiu.
Foi o grupo de teatro de "Cantigas e Agarimos", dirixido por D. Rodolfo López-Veiga e con arranxos musicais de D. Rosendo Mato Hermida, que an puxo en escena na Praza da Quintana, a noite do 25 de xullo de 1961.

A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, coa colaboración da Rede de Bibliotecas de Galicia, a Xunta de Galicia e a Biblioteca Pública Ánxel Casal realizarán un acto de homenaxe a todas as persóas que fixeron posible a celebración daquel evento tan importante para a cultura galega.

O evento, que leva por título "Grazas Mil", terá lugar o día 13 de abril ás 20h, na Biblioteca Pública Ánxel Casal, en Santiago de Compostela.

Paralelamente levarase a cabo unha exposición coa mesma temática que estará aberta ó público desde o 10 ata o 30 de abril.


- Cantigas e Agarimos -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal