>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Petiscos Musicais en A Escondida (Espasante)
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 13 / 4 / 12 )





Os Petiscos Musicais son concertos para o bo padal e mellor ouvido do público, servidos con xantares propios a cada acción musical que se presenta. A Escondida é o café concerto de Espasante, aló no porto, onde o cheiro a mar e a guiso confúndese co bruar de Ortegal e as melodías da mellor música popular.

Recitais e cociña nun ambiente propio. Cantar, bailar e saber comer: Acrobata, NARF, Primordias e Ariel Ninas servidos con receitas en variacións de legumes e fabas por Marina Oural Villapol , cociñeira e rapsoda de Lourenzá que deseñará un prato propio inspirado polo artista convidado.

Os petiscos serán abondosos e gostosos e serán ao ridículo prezo de 1 €

As entradas son a 5 € e se poden recoller anticipadas na mesma Escondida ou na Panadería"Maruja" de Espasante

PORTAS E POTAS ABREN ÁS 22 Horas

colabora Hotel Restaurante Orillamar


PROGRAMA

- 6 de abril: Acróbata
Recital de Ugia Pedreira e Fred Martins servido con feijoada de Lourenzá. Presentarán Acrobata, de preto e con cheiro a leguminosa.

- 20 de abril - Narf
A música de Narf na Escondida de Espasante, condimentada cun "Guiso de verdiñas con bacallau e outros peixiños", receita de Marina Oural para este segundo petisco musical.

- 18 de maio - Primordiais
Dúo de harpa, percusión e voz cun repertorio tradicional moi actualizado. Estará servido con Guiso de faba loba con luras e berberechos da Ría, delicatessen da cociñeira Marina Oural.

- 22 de xuño - Ariel Ninas
Un solo de Ariel Ninas á sanfona, mesturado con loops e electrónica e servido al dente cun guiso de chícharos e cocho do País, especialidade de Marina Oural, cociñeira de Lourenzá


- Petiscos Musicais -
- aCentral Folque -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal