>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Bandas de 5 países compiten por actuar no concurso de grupos emerxentes do Festival Ortigueira
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 13 / 4 / 12 )





Un total de 27 grupos "noveis" optan a formar parte do cartel do Festival Ortigueira 2012, dentro do Proxecto Runas, de apoio aos novos creadores da música celta. Entre os aspirantes, por primeira vez, bandas de Xapón, Rusia, Arxentina e Venezuela.
O Concello de Ortigueira acaba de dar a coñecer a listaxe de grupos non consolidados que aspiran a actuar na próxima edición do certame folk, que terá lugar entre o 12 e o 15 de xullo. En cifras, cabe subliñar que o concurso mantén o nivel de resposta das últimas edicións e incrementa o seu carácter internacional.
Unha vez máis, Galicia é a comunidade autónoma que achega maior número de aspirantes (7 grupos), aínda que outros doce comunidades do estado están representados. Ademais, como se apuntou anteriormente, na lista oficial gañan forza as formacións estranxeiras. Sorprende e avala a difusión internacional do evento e o seu potencial para proxectar a imaxe das bandas folk, a presenza na lista de Los gaiteros de Moscú (Rusia), a agrupación arxentina A chaiva da Ponte, Dracma de Venezuela ou os nipóns Harmonica creams.
Agora, a coordinación do Festival Ortigueira seleccionará a un máximo de 15 semifinalistas. Despois, un xurado profesional e o voto dos visitantes da web oficial- que se activará en elixirán aos tres grupos finalistas que configurarán o cartel do Runas 2012. E finalmente, outro xurado, presente no festival durante os directos das bandas, decidirá cal é a xusta gañadora, que volverá a actuar en la edición 2013 e embolsarase 3.000 euros.

1.-A CHAIVA DA PONTE (Argentina)
2.-ADARROTS FOLK TALDEA (Pais Vasco)
3.-ALÉN DE ANCOS (Galicia)
4.-AVELAIÑA (Galicia)
5.-BOC (Cataluña)
6.-CELTIBEERIAN (Castilla La Mancha)
7.-DEALAN (Cataluña)
8.-DRACMA (Venezuela)
9.-GÜINTERVAN (Galicia)
10.-HARMONICA CREAMS (Japón)
11.-HEY FOLKS (Extremadura)
12.-IPARFOLK (Navarra)
13.-JABARDEUS (Cantabria)
14.-KEYMPA (Cataluña)
15.-LOCHLAINN (Valencia)
16.-LOS GAITEROS DE MOSCÚ (Rusia)
17.-MAIANAS (Galicia)
18.-MAUT (Aragón)
19.-METALCAMBRA (Valencia)
20.-MOONROOTS (Valencia)
21.-PE DE BOI (Galicia)
22.-RAPABESTAS (Castilla - León)
23.-RASTREXOS PROJECT (Galicia)
24.-RIU (Cataluña)
25.-STREETWINGS (Madrid)
26.-VIRANDEIRA FOLK (Galicia)
27.-XERA (Asturias)














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal