>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

A Tribo toda Baila - - 30 Anos de Música Feliz cos Resentidos

(ultima actualización: 13 / 4 / 12 )





12 de Maio ás 21h en EXPOURENSE

Os Resentidos celebran este ano o 30º aniversario do seu nacemento por partida dobre, cun concerto único e cun disco homenaxe. Baixo o nome “A tribo toda baila”, o grupo máis influínte do rock en galego congregará a máis de 30 bandas e músicos galegos actuais para festexar trinta anos de música feliz.

Un concerto único con convidados de altura como Xosé Manuel Budiño, Bieito Romero, Uxía, Sés, Xurxo Souto, Piti Sanz e Luís Tosar, Rómulo Sanjurjo, Julián Hernández, Miguel Costas, Tonhito de Poi e Xosé Manuel Pereiro. Carlos Blanco será o encargado de presentar o espectáculo, que abrirán O Sonoro Maxín e Novedades Carminha.

As entradas poden mercarse ata o 15 de abril por 6 euros máis gastos de distribución. Dende o 16 de abril ata o 11 de maio custarán 10 euros máis gastos e xa o propio día do concerto na billeteira de Expourense custarán 15 euros. Ademáis de a través de codetickets, as entradas poden mercarse en C. C. Auriense, Faíscas e Saborido Tapería de Ourense, nas tendas Tipo de Vigo, en A Reixa de Santiago de Compostela, en Don Disco de Lugo, en Discos Noni’s de A Coruña, en Fandiño Tapas de Allariz, en Micaliñas e Feito Praza de Xinzo, na Óptica Anteollos de Celanova e no Local Social Aturuxo de Boiro.


Resentidos, estamos todos (e todas)


Aínda que a maior parte dos versos xa están cubertos, as persoas que queiran participar no vídeo poden facelo enviando as súas fotos coas frases “Galicia Caníbal” e “Fai un sol de carallo” a comunicacion@osresentidos.com antes do 15 de abril.

Disco homenaxe

Waner ultima, ademais, para as mesmas datas, a publicación dun disco homenaxe a Os Resentidos, unha banda que marcou unha época, logrou celebridade fóra de Galicia e influíu de maneira determinante nas xeracións vindeiras do rock galego. “Daquela eramos o único grupo que facía rock en galego e agora hai 80 ou 100 grupos que non teñen o eco que deberan ter”, recorda Reixa. Moitos deses grupos actuais estarán presentes no tributo, que tamén levará o nome de “A Tribo toda baila”: Metralletas Lecheras, Ataque Escampe, A Magnifique Band dos Homens Sen Medo, Safari Orquesta, Miki Nervio & the Bluesmakers, DasKapital, Emilio José, O Sonoro Maxin, Novedades Carminha + Antigüedades Alvarez, Ruxe-Ruxe, Roberto Sobrado, Orquesta Alma Latina, The Homens, Tony Lomba e Elio dos Santos, Os tres trebóns, Ultraqäns, El Puto Coke, Pulpiño Viascón e Transilvanians.





NOVAS RELACIONADAS:



Máis de 30 bandas na cita de homenaxe a Os Resentidos
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2012/04/05/mais-30-bandas-na-cita-homenaxe-os-resentidos/0003_201204O5C6996.htm


A homenaxe a Os Resentidos vai concretando participacións e apoios á cita que suporá o reencontro da mítica banda galega logo de 18 anos sen tocar xuntos. O concerto que se celebrará o 12 de maio en Expourense reunirá sobre o escenario a Antón Reixa, Rubén Losada e Javier Soto para conmemorar os 30 anos de nacemento de Os Resentidos e nesta cita está confirmada xa a presenza de Julián Hernández, Miguel Costas, Xosé Manuel Budiño, Uxía, Sés, Xurxo Souto, Bieito Romero, Rómulo Sanjurjo, Tonhito de Poi, Piti Sanz, Luís Tosar e Xosé Manuel Pereiro. Novedades Carminha e O Sonoro Maxín, que estreará disco nos vindeiros días, serán os encargados de abrir o concerto. A presentación do encontro de homenaxe a Os Resentidos correrá a cargo do actor Carlos Blanco.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal