>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Aña Urbana en Pontevedra

(ultima actualización: 12 / 4 / 12 )





Velaquí os grupos inscritos para esta edición:



Pandereteiras do Suído

...grupo de pandereteiras de distintos lugares do concello d'A Lama. Veñen de publicar recentemente un CD que recopila pezas e adaptacións de repertório tradicional do Suído, inda que tamén traballan sobre repertório doutras zonas cercanas, como Fornelos e O Covelo...


Grupo de baile do G.B.M.T. Os Muíños de Oliveira

...grupo e escola de baile de Oliveira (Ponteareas), que levan anos recuperando e traballando repertório tradicional non só da sua zona, mais tamén de todo Galicia...


A.F.C.X. Meiramar Axóuxeres

... Asociación Folclórico-Cultural e Xuvenil Meiramar-Axóuxeres, de Moaña...


Escola da A.C. Lembranzas da ría

...A asociación cultural Lembranzas da Ría adícase á recuperación de bailes e músicas tradicionais. Isto faise posible gracias ó traballo de campo realizado polos seus compoñentes, ó cal se lle dá un carácter propio, mostrando diferentes xeitos de entender o baile e a música tradicionais...


Ghandainas (pandereteiras)

...Pandereteiras Ghandainas, da AA.VV. Nosa Terra de Alcabre.


- Meiramar -


NOVAS RELACIONADAS:



A praza do Teucro acollerá este sábado unha nova edición da Aña Urbana
http://www.pontevedra.eu/cultura/a-praza-do-teucro-acolle-este-sabado-a-ana-urbana


A praza do Teucro acollerá este sábado unha nova edición da Aña Urbana, que promoven as concellarías de Cultura e Festas en colaboración coa Asociación Cultural Trepia. A concelleira de Cultura, Anxos Riveiro asegurou esta mañá que “esta asociación fai un traballo ímprobo por dar a coñecer unha parte importante da nosa cultura como é a música e o baile tradicional”.

O programa para este sábado é o seguinte:
• 11.00 horas. Apertura de stands da Feira Tradicional e da mostra de artesanía e agricultura ecolóxica. Tamén roteiro dos grupos polas rúas e prazas do casco vello.
• 13.30 horas. Xantar
• 17.00 horas. Obradoiro de baile tradicional.
• 18.00 horas. Obradoiro toques de leghón e canto tradicional.
• 19.00 horas. Actuacións dos grupos participantes.
• 20.30 horas. Serán urbano.
• 01.30 horas. Clausura

Ademais están previstas outras actividades paralelas como…
• Xoves, 12 de abril. Conferencia sobre a Aña e os traballos comunitarios da terra.
• Venres, 13 de abril. 20.30 horas. Na Galería Sargadelos. Presentación do libro Manuele… de pandeireta e canto tradicional.

A Aña Urbana é un encontro de música e baile tradicional no que os grupos participantes poden intercambiar experiencias e participaren man a man nunha mostra conxunta dos seus traballos e interpretacións do item cultural da aña. Con iso preténdese achegar ao ambiente urbano unha realidade sociocultural aínda viva, axudando á súa continuidade e proxección cara ao futuro.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal