>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Pancho Álvarez presenta SONCHE ATLÁNTICO

(ultima actualización: 12 / 4 / 12 )





Pancho Alvarez presenta "Sonche Atlántico", o seu cuarto álbum en solitario, unha obra que amosa a evolución do artista na busqueda de novas formas e a combinación creativa de sonidos acústicos da música tradicional con guitarras eléctricas, arranxos experimentais e textos contemporáneos de Suso de Toro ou Antón Reixa.

O álbum conten doce novos temas inspirados no océano Atlántico, cun pé na música galega e outro chantado nas outras terras que comparten este océano cheo de sons que chegan do norte e sur de América, das costas de África, das portuguesas, as irlandesas, as de Bretaña, etc

“Sonche Atlántico” contén cancións de autor e cancións con melodías tradicionais coas que Pancho ten unha especial relación emocional, un vinculo creado a través das experiencias nas súas viaxes, da xente que vive a carón do mar, co mito do fin do mundo ou coa forza da natureza e da paisaxe atlántica. Hai tamén cancións cheas de humor e de vivencias cotiás dos pobos e aldeas galegas, seguindo a liña da tradición oral da que Pancho é admirador e coñecedor.

Pancho Álvarezé un dos nomes máis destacados da música galega, desenvolve o seu particular perfil como músico utilizando instrumentos de corda: violín, viola, viola da gamba, zanfona, mandolina, bouzouki, guitarras eléctrica e acústica, guitarra tenor, ûd, cuatro venezolano e baixo. Ademais toca a concertina, o acordeón e a percusión, é compositor, arranxador, gran coñecedor do folclore e tradición da música galega, foi membro de Matto Congrio, Na Lúa, é músico estable da banda de Carlos Núñez coa que xira de cotío por todo o mundo.

Gravado o mesturado por Pancho Álvarez nun logo proceso creativo, o álbum e froito do traballo intenso na busca dun son propio que mostra a forte personalidade musical de este artista galego. Escoitamos con pracer estas grandes e sinxelas cancións de autor.
















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal