>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

2 de Abril, Concentración polas Fragas do Eume

(ultima actualización: 2 / 4 / 12 )





Polas Fragas do Eume i en protesta contra as mentiras da Xunta
e a xestión do incendio

LUNS 2 DE ABRIL,
Concentración nos lugares mais representativos das vilas galegas

En Pontedeume ás 20:00 diante do Concello (constituirase en réximen de autoconvocatoria a Plataforma en Defensa das Fragas do Eume)

En Ferrol, ás 20h na praza de Armas.

No resto das vilas, ás 20:30:
A Coruña: nos Cantóns;
Vigo: na Porta do Sol (o "Sireno");
Compostela: no Obradoiro;
Pontevedra: na Ferrería;
Lugo: diante do Concello;
Ourense: diante do Concello;
Foz: diante da Delegación de Facenda
Lalin: Praza da Igrexa
Vilagarcía: Praza de Galicia
Betanzos: Praza da Constitución
Carballiño: Diante do concello
Xinzo de Limia: na Praza Maior
Boiro: diante da Praza de Abastos

Madrid: Atocha.

ESPALLA! REACCIONA!


Galiza Non Se Vende:
Este incendio é gravísimo, non é un incendio máis, nin é un acidente casual, asemella ser unha operación premeditada, igual que muitos dos lumes nos últimos anos.
Os montes que están ardendo son «zonas eólicas» e «zonas forestais», a «repoboar» con muiños e eucaliptos.

Queimar as Fragas do Eume e rebaixar o seu gran valor natural beneficia a muitos intereses:

1. Proxecto de Celulosa nas Pontes. Precisa dun área de eucaliptos próxima, e as Fragas do Eume son unha zona húmida onde terían un gran crecemento. O sector madeireiro leva anos comprando parcelas na zona.

2. Plano de Restauración da Mina das Pontes. Segundo o proxecto é imposíbel evitar as filtracións de carbón e metais pesados que producen contaminación contínua no río Eume. Ao ser um espazo protegido tan valioso, hai posibilidades de que haxa que pagar elevadas sancións.

3. Minas de andaluzita. Proxecto mineiro dunha empresa de capital inglés e surafricano a carón das Fragas do Eume que provocaría un grande impacto neste espazo natural.

4. Proxeto de novo encoro no Eume. O aproveitamento hidroelétrico do Eume para Endesa vai camuflado no financiamento da clausura da mina das Pontes.

Evento no Facebook:

http://www.facebook.com/events/142717325856411/




NOVAS RELACIONADAS:



Greenpeace pide a la fiscalía que investigue las causas del incendio de las Fragas do Eume
http://t.co/6zEPzGHx


Greenpeace pide a la fiscalía que investigue las causas del incendio de las Fragas do Eume y que depure responsabilidades





MINAR
http://vimeo.com/23308600


“Minar” (12 minutos) Aborda o impacto do proxecto de explotación mineira en Pico Vello (As Pontes). A zona de Pico Vello está nas proximidades do Parque Natural Fragas do Eume e ao seu pé , atópase o que constitúe o único corredor ecolóxico entre o Parque Natural Fragas do Eume e Lugar de Interese Comunitario Xubia-Castro, ámbolos dous incluídos xa na Rede Natura 2000. A posta en funcionamento da explotación suporía a perda deste corredor ecolóxico e a destrución irreversible dun inmenso patrimonio natural e etnográfico (fragas, regos, brañas, muíños, ...). Esta explotación provocaría a eliminación definitiva e irreversible da fonte principal do río Belelle, afectando gravemente tanto á cantidade como á calidade das súas augas, das que se subministra unha poboación importante dos concellos de A Capela, Cabanas, Fene, Neda e Ferrol

MINAR from Acsur Galiza on Vimeo.







A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo apoia a concentración convocada para hoxe
http://favec.es/web/?p=811


A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo “Eduardo Chao” apoia a concentración cidadá convocada para as 20:30h de hoxe na Porta do Sol en protesta pola xestión da catástrofe ambiental que representa o lume nas Fragas do Eume, e fai un chamamento ao conxunto da veciñanza de Vigo a participar da mesma.

O colectivo veciñal súmase deste xeito a numerosas organizacións sociais e ecoloxistas que demandan do goberno galego un outro modelo de xestión do noso patrimonio natural. A FAVEC entende que a ‘prevención’ é a mellor ferramenta para combater o lume, polo que manifesta a súa crítica frontal aos duros recortes nos dispositivos preventivos e de emerxencia nos montes galegos. “O mellor xeito de apagar o lume é evitar que teñan onde prender” explican, ao tempo que amosan a súa incomprensión pola decisión da Xunta de non activar inda o dispositivo de extinción.

A Federación Veciñal critica tamén a política informativa do executivo galego en relación ao que está a suceder nas Fragas do Eume. “A Xunta ten a obriga de ofrecer unha información actualizada e veraz sobre o que acontece cunha peza importante do patrimonio natural de todas e todos os galegos, porén, no que vai de lume o único que ofreceu foi silencio ou falsidades” denuncian ao tempo que esixen que alguén explique “como pode ser que a Xunta siga falando de 750 hectáreas e o propio alcalde da Capela eleve a 1.500 hectáreas a superficie afectada”.





ADEGA apoia a Plataforma en defensa das Fragas do Eume e denuncia a responsabilidade da Xunta
http://adega.info/info/090121joomla/ultimas-novas/726-adega-apoia-a-plataforma-en-defensa-das-fragas-do-eume-e-sinala-as-responsabilidades-da-xunta


A reacción cidadá perante a catástrofe ecolóxica do Eume non se fai esperar: este luns 2 ás 20h constituirase en Pontedeume a Plataforma pola Defensa das Fragas do Eume da que ADEGA fará parte. Trataremos de sensibilizar á opinón pública do valor ecolóxico que aínda conservan as Fragas; demandaremos da Xunta medidas para remediar no posible os impactos do lume no ecosistema do Parque e esixiremos unha investigación exaustiva das causas do incendio e as responsabilidades penais e políticas que procedan. ADEGA chama tamén a participar nas diversas concentracións de protesta por esta catástrofe que se están a preparar nas principais vilas e cidades galegas. É unha traxedia para o País, que a cidadanía non pode esquecer nen perdoar!
Independentemente das causas do lume nas Fragas, claramente intencionado, ADEGA cre preciso promover unha reflexión que trascenda a coxuntura particular deste incendio. Cómpre analisar as causas de fondo, tanto das políticas de loita contra o lume e de xestión dos nosos montes como das de conservación, e non esquecermos esixir responsabilidades aos que as deseñaron e executaron.

Encol da política forestal, a cidadanía merece que a administración resposte a estas cuestións chave:
-Quen recurtou en 20 millóns de € os orzamentos para prevención e 2 millóns de € para extinción?
-Quen promove unha Lei de Montes que reduce as faixas de protección, o tempo para aproveitar os terreos queimados e permite masas monoespecíficas (eucaliptos, por exemplo) de máis de 50 ha continuas?
-Quen reduciu significativamente e precarizou os operativos de loita contra o lume, eliminou o Voluntariado do Monte, suspendeu as BIIF (Brigadas de Investigación dos Incendios Forestais), desactivou as UXFOR e abríu a porta á especulación do monte coas SOFOR?
E a respeito das políticas de conservación, cómpre tamén reflexionar sobre a actual situación dos nosos espazos protexidos, abandoados á súa sorte, sen investimentos nen iniciativas (PORN, PRUX) que garantan a conservación do patrimonio natural que atesouran. E non só iso: a Xunta levou a cabo unha estratexia de demolición controlada destes espazos, através das modificacións da Lei do Solo, do POL, do PDA, etc. que rematou finalmente cun Plano Director da Rede Natura para permitir nas zonas de maior valor ambiental, mesmo en Parques Naturais, piscifatorías, incineradoras, caza, rallys, recualificar solo rústico...

Todas estas iniciativas son responsabilidade da actual Xunta e non son alleas á catástrofe que agora sofren as Fragas do Eume. Non é isto tan delictivo como a actuación dos pirómanos que lle puxeron lume?






http://praza.com/movementos-sociais/554/para-adega-sghn-e-verdegaia-o-lume-e-consecuencia-da-falta-de-planificacion-na-politica-forestal/


Para ADEGA, SGHN e Verdegaia o lume é consecuencia da falta de planificación na política forestal





A Xunta admite que aínda descoñece a extensión do desastre das Fragas do Eume
http://praza.com/ciencia-e-tecnoloxia/555/a-xunta-admite-que-ainda-desconece-a-extension-do-desastre-das-fragas-do-eume/








Carta aberta ao presidente da Xunta: Arden as Fragas
http://praza.com/opinion/186/carta-aberta-ao-presidente-da-xunta-arden-as-fragas/


Señor presidente: Arden as Fragas do Eume (aquí dicimos así, en plural, porque distinguimos a Nova e a Vella). Por enriba da miña cabeza pasa de cando en vez un avión, oxalá non sexa xa inútil o esforzo. Aí volve... O que está a arder é o bosque atlántico máis importante de Europa. O que as lapas devoraron, iso que a prensa está a chamar a xoia ecolóxica de Galicia (e non quero desmerecer ningunha outra das alfaias que a Natureza nos outorgou as xentes galegas) é un lugar no que, non podo crer que ninguén do seu goberno se parara a pensalo, existían un considerábel número de especies vexetais e animais únicas, moitas outras necesitadas de especial protección e innumerábel cantidade das que lle daban a este sitio o seu carácter de reserva paisaxística singular.

Pero tamén de gran valor económico e histórico. De aquí saíu por séculos a vida da comarca: toda caste de froitas, as castañas que deron lugar a un xeito de aproveitamento e de linguaxe (curripa, esbilas...) propio da zona, uvas para o viño das casas, madeira para trabes e aguieiros, carbón que se vendía en toda a Ferrolterra, mel, as herbas que curaban ou aliviaban... Mais tamén foi lugar onde se refuxiaron os perseguidos durante a guerra civil e os guerrilleiros despois... Pero tamén era un lugar que moitísimos galegos visitaban e disfrutaban cada ano. E traían con feliz orgullo xentes doutros lugares do mundo para que visen isto. E debera ver con que satisfacción traían aos seus fillos para que aprendesen a respetar estas marabillas. E sei ben que así era porque aos amigos e ás amigas que me visitaban sempre os levaba á Fraga, desde a miña casa hai menos dun quilómetro, e eu dicíalles: Vouvos levar ao paraíso. Que lles direi agora?

Mire vostede se non lle estou a escribir sobre dunha traxedia (outra) para Galicia, e non digo a máis grande porque todas as traxedias son incomensurábeis, totais. Sabe vostede por que esta parece tan enorme? Porque é irreparábel. Porque a irreponsabilidade do goberno do meu país, da miña nación (aínda que a vostede non lle gustará que lle chame como di o noso himno) fará que nunca máis haxa Fragas, e non me veñan dentro de cinco anos dicindo que xa está verde, as Fragas non eran unha cor, eran unha feliz explosión de vida que non volverá.

E por que arderon as Fragas? Porque, con intención ou sen ela, pegáronronlles lume. Sexa culposo ou doloso o delito, o caso é que alguén lles puxo lume. Mais iso non dá para se agocharen vostedes, o goberno galego, detrás dun desalmado. Vostedes están incursos nun delito grave de neglixencia criminal. Vostedes non fixeron nada por evitar isto. Nada! Foi o seu goberno o que desmantelou a base de Queixeiro, cativa medida de prevención que podería ter avistado como comezaba o lume e, de haber as brigadas que non hai, acudir en pouco tempo. Pero tivo que avisar un veciño porque non hai nin un home cuns prismáticos que atenda ás Fragas. Como é posíbel que entre as dúas consellarías ás que lle atinxía a protección das Fragas, non houbese nin un só responsábel algo espelido como para dicir que era preciso un protocolo de protección das Fragas en caso de lume?

Cando vostedes van por aí sempre están expostos a que un toliño lles queira dar unha labazada, mandar aos fociños unha torta de merengue ou un ovo podre. Para evitar iso hai que confeccionar os oportunos planos de continxencia que prevén isto e póñenlles escoltas e gardas. E, digo eu, unha vez observada a descoordinación dos efectivos que actuaron nas primeiras horas desta desgraza, despois do inverno que tivemos e a primavera que temos non deron osmado que podería vir calquera cabeciña desamañada e poñer lume nas Fragas? Ninguén do seu goberno foi quen de pensar en elaborar un protocolo de actuación en caso de lume nas Fragas do Eume? Pois mire, onte cando chamaron a un amigo meu que traballa no concello, para que acudise porque había lume, el xa tiña preparadas dúas cisternas de auga, porque sabía que isto podía pasar, e os seus conselleiros, que cobran ben máis, nunca pensaron que podería suceder algo así. Hai que amolarse con quen nos goberna!


Xa sei que tanto lles ten, este país a vostedes non lles importa nin lles importou nunca, se arde que arda. Sempre miraron o rural con desprezo de señoritos de casino. Facer unha planificación que evite o abandono e o despoboamento do campo? Para que? Con ter uns alcaldes servís (aos que tamén desprezan) que aquelen as votacións cada catro anos, o mundo rural xa está servido e o presidente e os conselleiros felices.

Mire, señor presidente, o peor defecto dun mandatario é o desleixo, e vostede é reo diso. Desleixo da lingua, da cultura, da sanidade, da educación... e agora das Fragas do Eume. Que será o próximo? Deixar caer a catedral de Santiago?

Non sei que despedida escribir e nada persoalmente ofensivo lle quero dicir, así que vou deixar a cousa así.

P. S. Aí vai o avión outra vez!















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 


 



máis..


 

:: Concentración contra a sentenza do Prestige ::

:: Domingo 6 de outubro as 12:00 na Alameda de Santiago: “Por unha Galiza sen lumes, por un rural con futuro” ::

:: Por un uso social do faro de Oza - Acto reivindicativo/festivo ::

:: Manifestación en Compostela contra a Minarí­a Destrutiva na Galiza ::

:: 11 de Agosto: Festa Revolta no Courel ::

:: Intifada Cultural - Denuncia da Detención Ilegal do palestino Nabil Al-Raee ::

:: MARCHA MONTE PINDO - Pola declaración de Parque Natural ::

:: 2 de Abril, Concentración polas Fragas do Eume ::

:: Vitaminas para o galego ::

:: Festa de Galiza Non Se Vende na Taberna do Salgheirón ::

:: V Marcha a pé en Ferrol - Mugardos. “Planta de gas fora da ría” ::

:: Festival da Memoria Histórica en Aranga (A Coruña) ::

:: Mobilización expansiva en defensa da nosa lingua ::

:: Domingo 8 de Maio: Manifestación en Concerto de GALIZA NON SE VENDE ::

:: O GALEGO É A CHAVE COA QUE ABRIMOS O MUNDO - ACTO NACIONAL POLA LINGUA - Queremos Galego ::

:: Hoxe celébrase o espectáculo "Tatatachán!" en beneficio da protectora de animais O Jaticán ::

:: 10 de Novembro en Vigo: Día adicado aos ODM no FESTIVAL CURTOPÍA ::

:: Xeiras sobre a Lingua Galega ::

:: Tributo a José Afonso en Cangas ::

:: Festival Libérate contra a Violencia de Xénero na Coruña ::

:: Universidade de Vigo - Os Comités inician unha nova campaña en defensa do galego ::

:: 18 de Outubro, Manifestación en Santiago de Compostela: QUEREMOS GALEGO ::

:: Seminario de Autodefensa Linguistica ::

:: Concerto solidario no Monte Carrasco ::

:: 1º Concurso de CUTREMETRAXES de Freixo ::

:: XXIII FESTIVAL DA POESIA DO CONDADO ::

:: III Marcha a pé a Mugardos ::

:: Coanhadeira presenta o seu novo CD: `Haique´ ::

:: ROMARÍA REIVINDICATIVA EN REDONDELA (Autovía de Redondela, NON GRAZAS) ::

:: XV Edición de Ponte...nas ondas! - Os tesouros vivos ::

:: II Concurso de Fotografía Antiga - Rebulir ::

:: Galiza Non Se Vende » Defensa do Parque Rosalía ::

:: 2ª Cadea Humana - Por un albergue público XA! ::

:: O 17 de Maio. Todos en Compostela. ::

:: III Edición da Feira da solidaridade e diversidade - PANXEA | do 6 ao 17 de Abril en Carballo ::

:: Acto ridiculista no día mundial do teatro ::

:: PROGRAMA VIII XORNADAS BLANCO FREIJEIRO ::

:: A web Patrimonio.org reúne na Rede a información sobre o patrimonio cultural galego ::

:: Escoitar.org invitado ao foro mundial de ecoloxía acústica. Mexico 2009 ::

:: Manifestación nacional de Galiza Non se Vende en Compostela ::

:: Caravana Concerto de Galiza Non se Vende en Corrubedo - 4 de Febreiro ::

:: Vigo, 18 de Febreiro: CADEA HUMANA A FAVOR DAS PERSONAS SEN FOGAR ::

:: Ourense, Corrubedo e Compostela 5º, 6º e último concertos da caravana GNSV ::

:: Ghastas Camino? Google Translate incorpora o galego en fase de probas ::

:: FERROL 4º CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE ::

:: Plano estratéxico para os xogos tradicionais ::

:: Lugrís. Viaxe ao mundo de Ulyses Fyngal ::

:: 3º CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE ::

:: A Caravana Galiza Non Se Vende no LSO Casa das Atochas ::

:: Congreso da Guerrilla Antifranquista Galega. 15, 16 e 17 de xaneiro na Coruña ::

:: Uns Premios Xarmenta moi musicais ::

:: Badaladas en escoitar.org ::

:: PRIMEIRO CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE ::

:: EXPOSICIÓN OS TEMPOS DE ANTES.FOTOGRAFÍAS ANTIGAS DE RAMIRÁS ::

:: Implicate 08, Noite de música e palabra solidaria. 14 de Nadal en Compostela ::

:: XX Aniversario Amnistía Internacional en A Coruña, o 10 de nadal ::

:: 10 Decembro: Solidaridade con Cuba ::

:: III MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO, do 31 de Outubro ao 6 de novembro no Museo do Pobo Galego ::

:: II ENCONTRO SOBRE O LOBO GALEGO. 8-9 de novembro no CEIDA ::

:: Xogos Populares - novas ::

:: Orella pendella | Nova web que pretende recuperar ditos, recitados e cancións infantís ::

:: Chámate con xeito ::

:: A Ría non se vende - Concerto 18 de Outubro ::

:: Salvemos Fonte Gaiteira - concentración o domingo 28 de Setembro ás 12h ::

:: Festival contra o Alzheimer o 13 de Setembro en Salceda de Caselas ::

:: II Mostra de Xogos e Deportes Tradicionais ::

:: II FESTIVAL SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI ::

:: IX Mostra de Teatro Universitario de Galiza ::

:: O V Festival de Cans ::

:: I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA ::

:: A Academia asturiana nega que a fala do Eo-Navia sexa galego ::

:: Novo obxectivo da Ciberirmandade da Fala: Aqualia ::

 

 




 

Voltar á páxina principal