>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Quempallou, novo disco na rúa e nova xira de presentación

(ultima actualizaci�n: 27 / 3 / 12 )





Quempallou presenta o seu novo traballo discográfico “Vellas Novas” e faino cunha xira galega que comeza este venres 13 de Abril no Bar Liceum, no Porriño, onde actuarán a partires das 23:30 h. para continuar ao día seguinte cunha nova intervención sonora no Aturuxo de Bueu ás 22:30. A xira de presentacións continuará en semanas sucesivas por diferentes vilas da xeografía galega.
O martes 17 de Abril, a partires das 12 h. está previsto que os membros do grupo fagan unha presentación ante os medios de comunicación na Casa de Xantar O Dezaseis, situada na Rúa de San Pedro, en Santiago de Compostela. Acto que será seguido dunha sesión vermú con música en directo ao máis xenuino estilo Quempallou.

Axenda de Concertos de Quempallou presentando Vellas Novas
13 de abril 23:30 Bar Liceum - O Porriño
14 de abril 22:30 Aturuxo Bar - Bueu
17 de abril 22:30 Casa das Crechas - Santiago de Compostela
20 de abril 21:30 Auriense - Ourense
27 de abril 19:30 FNAC A Coruña
27 de abril 22:00 Cova Céltica - A Coruña
28 de abril 22:30 Sala Super 8 - Ferrol
5 de maio Festa do Muiño de Coiro - Cangas
14 de maio Teatro Principal de Pontevedra
16 de maio 22:00 Fábrica de Chocolate - Vigo




“Vellas Novas” é un traballo cunha estética baseada no mundo do xornalismo, cargado de matices sonoros e variadas influencias musicais, que chegan dende a experiencia dun grupo que leva máis de doce anos en escena. Como é habitual en Quempallou, o disco asenta unha fonda raíz na tradición musical galega, a partir da cal, constrúe arranxos, adapta letras e crea novas composicións. Así conseguen unha sonoridade característica, apoiada nas percusións tradicionais, o acordeón e as cordas, sobre o que camiñan frautas, gaitas, e sobre todo a voz.

Vellas Novas en iTunes
Vellas Novas en Spotify


- Quempallou -


NOVAS RELACIONADAS:



Quempallou no Liceum
http://ocio.farodevigo.es/agenda/pontevedra/conciertos/o-porrino/eve-709760-quempallou.html


Coa publicación do seu cuarto traballo discográfico, Quempallou, unha das bandas máis representativas do folk galego volve ser noticia. E nunca mellor dito, xa que o seu novo disco, Vellas Novas, toma forma dende unha estética periodística, na que con moita retranca e boas doses de humor, se desenvolven os seus doce novos temas. Vellas Novas é un traballo cargado de matices sonoros e variadas influencias musicais, que chegan dende a experiencia dun grupo que leva máis de doce anos en escena. Como é habitual en Quempallou, o disco asenta unha fonda raíz na tradición musical galega, a partir da cal, constrúe arranxos, adapta letras e crea novas composicións. Así conseguen unha sonoridade característica, apoiada nas percusións tradicionais, o acordeón e as cordas, sobre o que camiñan frautas, gaitas, e sobre todo a voz















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- Celtica- auriense- Crechas -






Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal