>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

2º Petisco Musical: Gastrofonías na Casa das Crechas

(ultima actualización: 27 / 3 / 12 )





"Gastrofonías" música e gastronomía a partes iguais


O dúo con sabor Comisa Bal (violino trompeta+acordeón piano) e o restaurador Rafa Triñanes presentan Gastrofonías, unha demostración a tempo real de pratos e melodías condimentadas para o bo padais e mellor ouvido. Mentres os músicos tocan, o restaurador preparará unha receitas inspiradas na súas melodías

Data: 27 de marzo de 2012
Hora: 22.30 horas
Lugar: Casa das Crechas. Santiago

En palabra, obra e acción aCentral vive dunha maneira xusta e necesaria, real e parella o alimento do espíritu a través da música ao alimento do corpo a través da comida saudável. É por iso que o proxecto da Praza de Abastos de Vilaxoán, ou
da dinamización artística da Praza de Abastos en Pontevedra, ou a Xira Surreal de Marful,seguen esta liña
de entendimento profundo da esencia galega, de respeito ao patrimonial, autótono e autónomo: música e comida, comida e música, por favor, de maneira natural sen forzar. No sustentável minifundio das notas abstratas e dos terróns materiais.

Comisa Bal:
Musica instrumental de baile en pequeno formato no que se da un repaso polos ritmos que desde principios do século XX transmitían de porto en porto, un espazo de comunión entre as formas europeas (muiñeiras, jotas, pasodobles, mazurcas, chotis) e as de ultramar (tangos, jochachachá, ranchera, salsa, mambo, etc. ). Recupéranse os climas e ambientes cálidos e relaxados dos ritmos mariñeiros.
Gutier Álvarez: violino trompeta
Javier Sexto: acordeón piano


Rafa García Triñanes é un restaurador afincado en Santiago coñecido pola súa practicidade, boa cociña e pedagoxía culinaria desde a Asociación de Hostelería de Galicia.





- Petiscos Musicais -
- aCentral Folque -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- Crechas -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal