>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

DANZA 3. Espectáculos de baile e música tradicional

(ultima actualización: 24 / 3 / 12 )





As agrupacións Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos presentan “Danza 3”, un proxecto arredor do folclore que desenvolve tres espectáculos de música e baile tradicional.
O proxecto aúna as claves que fundamentaron a recuperación do folclore galego e a súa consideración como un conxunto de saberes intrinsecamente valioso (o traballo de campo, a compilación de material videográfico, a edición e publicación de discos e monografías baseados neste material, etc.) cos elementos que cabe atopar detrás do concepto de espectáculo: deseño escenográfico, recurso a equipos técnicos de luz e son, elaboración detallada da posta en escena...
Dende o inicio do proxecto, nos primeiros anos da década pasada, os sucesivos espectáculos de cada agrupación percorreron Galicia coa colaboración das diversas administracións, contribuíndo así á difusión e divulgación dunha parte esencial da cultura de Galicia, e proporcionando ao público unha información fundamental para que poida comprender e valorar na súa xusta medida a importancia do noso patrimonio inmaterial.
As entidades propoñentes traballan, desde a súa fundación, coa música e o baile tradicionais como materias primas coas que construir experiencias visuais e sonoras para un público que cada vez ten máis productos entre os que escoller, pero non máis criterios para distiguilos. “Danza 3” propón a presentación, baixo un formato concreto, das pedras (as teselas) que xeracións de músicos e bailadores anónimos foron deixando en herdanza a través dos séculos, ata debuxar o mosaico de maior colorido e complexidade de Europa; unha creación colectiva que o paso dos séculos foi destilando ata hoxe con man delicada.

Datas e concellos das actuacións xunto co grupo participante:

30/12/11 Xinzo de Limia (Cantigas e Agarimos)
28/01/12 A Estrada (Cantigas e Agarimos)
11/02/12 Tui (O Fiadeiro)
04/03/12 Arzúa (O Fiadeiro)
10/03/12 Vilalba (Xacarandaina)
14/04/12 Narón (Xacarandaina)
15/04/12 Palas de Rei (Cantigas e Agarimos)
19/05/12 Melide (Xacarandaina)
22/07/12 Padrón (O Fiadeiro)

Cada agrupación interpretará un espectáculo diferente de baile e música tradicional:

Xacarandaina: "Galicien Amerika Linie"
O Fiadeiro: "De oficioos e labores, VII Gala Esta Noite Hai Unha Fía"
Cantigas e Agarimos: "Lela"

Patrocinan: XACOBEO, AGADIC E XUNTA DE GALICIA
Colaboran: Os concellos nomeados
Organiza: XOC (Xacarandaina, O Fiadeiro, Cantigas e Agarimos)


- Xacarandaina- O Fiadeiro- Cantigas e Agarimos -












COMENTARIOS:



Ola: hai un erro na data da gala LELA de Cantigas e Agarimos en Palas de Rei. Non é o 24 de marzo, será o 15 de abril, ás 19:30 horas.

Enviado por Anton Fernandez o 24/3/12 ás 20:13h





 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal