>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Xiras con lucro e nostalxia | Galicia | EL PAíS
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 16 / 3 / 12 )



Alfonso Pato

En 1996 os que quedaban dos Sex Pistols, o grupo punk máis célebre da historia, volveron reunirse vinte anos despois da súa disolución. Fieis á filosofía transgresora do grupo, nomearon a súa xira sen cinismos nin dobre volta: “Xira do lucro indecente”. Unha declaración de intencións que confirma o que sempre se sospeita sobre un grupo cando se volve xuntar despois de anos inactivo, aínda que a veces as intencións se agochen baixo a demanda da nostalxia. Este verán parece despuntar un andazo revival en Galicia, pero, segundo apuntan os grupos, en moitos casos as motivacións van máis alá de xuntarse para encher o peto, e hai boas escusas como efemérides ou iniciativas de fans teimudos. Aerolíneas Federales, Heredeiros da Crus, Os Resentidos, Los Cafres ou o novo proxecto de Alberto Comesaña e Teo Cardalda son nomes que aparecerán nos vindeiros meses nos carteis de moitos festivais, onde segue a ter éxito a nostalxia oitenteira.

“Volvemos para tocar en Perú por un fan que estivo teimando durante tres anos. Só eu me adico profesionalmente á música e os outros traballan e teñen familia, co que era difícil pero foi por insistencia”, lembra o cantante e líder de Aerolíneas Miguel Costas, ao tempo que engade un triste desenlace ó seu regreso: “Desgraciadamente o rapaz morreu ao pouco de tocar nós en Lima, co cal polo menos cumprímoslle o desexo”. O que fora membro de Siniestro Total subliña este feito para matizar que o regreso do seu grupo non se basa en cuestións de facer caixa. “No noso caso non é un regreso porque quedaramos sen traballo e estamos a ver se sacamos pasta”, declara Costas, que avanza que a banda “só se reunirá de xeito esporádico pero por agora sen ánimo de facer unha xira”.

Entre a efeméride e o factor fan baséase a volta d’Os Resentidos, que deran por concluída a súa traxectoria no ano 1994. Despois, o seu líder, Antón Reixa, tirou tres anos máis co seu proxecto Nación Reixa. Baixo o nome de Fundación Resentidos, o núcleo central do grupo volverá reunirse o 12 de maio en Ourense, nun concerto no que prometen sorpresas. Agás en contadas colaboracións, Reixa di que non lembra “estar nun palco desde o 97 ou 98”. A volta do grupo débese ó pulo dun grupo de fans para celebrar cun disco tributo unha data sinalada: os 30 anos do nacemento da banda. “Agradezo esta homenaxe, porque senón existise a escusa deste disco nin tomariamos o esforzo de intentalo”, explica o líder d’Os Resentidos, que ve neste concerto un bo motivo para reivindicar “a forza e a contemporaneidade do rock en galego, que nos oitenta era case unha anécdota pero logrou expandirse”. Reixa combinará desde estes días o seu traballo de campaña para presentarse á presidencia da SGAE cos ensaios coa banda na fin de semana. As eleccións son o 26 de Abril e Os Resentidos tocan o 12 de maio, co cal podería darse a circunstancia de que marchase dos escenarios como músico e volvese como presidente desta poderosa entidade de xestión. “Aínda non me deu tempo a pensar ata tan lonxe”, afirma. Segundo avanza Reixa, non descartan facer “dous ou tres concertos máis”.

Se no caso d’Os Resentidos a efeméride dos 30 anos prendeu a mecha da volta, o mesmo pasou cos Heredeiros da Crus, que este ano conmemoran os 20 anos do seu nacimento. A banda de Ribeira levaba oito anos sen tocar e acaba de volver ao grande cun concerto memorable en Ordes, onde meteron 3.000 fans incondicionais. “Isto é rock e non imos dicir que non nos interesan os cartos, pero o encontro foi tamén unha gran experiencia. Levabamos case tres anos conversando e a excusa dos 20 anos era o último intento e saíu”, explica Antonio Novo, Tuchiño, guitarrista de Heredeiros. Vencidas as reticencias iniciais que tiña o cantante, Javi Maneiro, a banda decidiu montar un concerto para medir forzas. “Tratábase de probar e de non ir por aí dando vergoña. Saíunos moi ben e agora virán máis cousas”, avanza Tuchiño.

A presentación do libro Vigo a 80 revolucións por minuto de Emilio Alonso, foi a escusa que moveu o regreso de Los Cafres, un grupo vigués dos oitenta que só gravou un disco pero que deixou pegada con temas como Alimaña, unha das mellores cancións que xenerou a movida. “Volvémonos atopar, estivemos a gusto e decidimos tirar un pouco máis”, explica Antonio Cafre, cantante do grupo, que ten apalabradas varias actuacións para este verán, pero matiza que “todo se irá estudando sen presas.

Outra filosofía diferente é a que move a Alberto Comesaña e Teo Cardalda. Xuntos acaban de impulsar un proxecto chamado Cómplices e Siniestras Amistades, no que partindo dunha banda base, cantan algúns dos temas máis célebres de grupos como Cómplices, Semen Up, Amistades Peligrosas ou Siniestro Total, coa colaboración de Miguel Costas. “Isto non é un regreso, porque nunca deixamos de tocar. É un xeito de que o teu repertorio o gocen os que o coñecen e dalo a coñecer entre os máis novos”, afirma Comesaña, que adianta que están negociando media dúcia de datas en Galicia.

A excepción deste proxecto, a maioría parecen ter claro que non continuarán en activo máis alá do verán. Aerolíneas e Os Resentidos aclaran que son reencontros puntuais, Heredeiros farán polo de agora tres festivais que xa teñen pechados e Los Cafres esperan confirmación dunhas cantas datas. Dado o reducido do circuíto galego e os tempos que corren, parece que neste andazo revival a nostalxia está chamada a ter máis peso que o lucro.

Discos e documentais

Malia que maioría destes grupos non se lle albiscan ganas de tirar millas, parece que a súa volta non se limitará só ás actuacións. Entre os plans da maioría están editar inéditos, gravar material DVD en directo e, nalgún caso, rodar un documental, como é o caso dos Heredeiros da Crus.
O seu regreso ós escenarios foi seguido polo cineasta Jorge Coira, que prepara un documental sobre a banda. Os Heredeiros tamén rexistraron o seu regreso no concerto de Ordes, co que farán unha edición en DVD. “A idea é sacar un disco con temas novos, pero con calma”, avanza Tuchiño. Amparados polo éxito de Perú, Aerolíneas acaban de publicar vinte temas inéditos que abarcan unha década desde 1983 a 1993, e no caso de Los Cafres “a idea é gravar algúns temas novos e dar a coñecer algo inédito”, avanza o cantante Antonio Cafre. O proxecto impulsado por Alberto Comesaña e Teo Cardalda, tamén espera facer un concerto especial que será gravado “para ofrecerllo a algunhas televisións coas que hai negociacións”, adianta Comesaña.
Polo que respecta a Os Resentidos, case á par do concerto de Ourense está previsto que se publique o disco homenaxe titulado A tribo toda baila, no que numerosas bandas revisitarán algúns dos seus temas máis célebres. Ademais do material xenerado polos propios grupos que voltan á ruta, Antón Reixa tamén prepara para xullo o musical Galicia Caníbal, que parte de moitas das cancións da movida, algunhas destes grupos que agora se volven reunir.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 


 



máis..


:: R estrea un documental sobre a música galega nos anos setenta ::

:: Novos camiños para o vello folk galego - La Voz de Galicia ::

 

:: A revolución tamén se fai bailando | Sara Alonso - EL PAíS ::

:: Xiras con lucro e nostalxia | Galicia | EL PAíS ::

:: O canto agochado entre pipotes ::

:: O focense que ensina canto tradicional en Oxford ::

:: Memoria de xénero - Leilí­a presentará o 3 de febreiro no Rosalí­a o seu novo disco ::

:: Entrevista a Oscar Fernández:(Os Cempés) en Galiciaé: Novo disco para o Nadal ::

:: Grande Exito da Orquestra Folk de Galicia "SonDeSeu" en Helsinky ::

:: DOA portada máis entrevista na revista Interfolk ::

:: O folk de hoxe, clásicos e modernos en plena forma ::

:: 'O noso é a música de resistencia' - O grupo Milladoiro celebra tres décadas sobre o escenario ::

:: Novo número, correspondente a Outubro, de Sons da Galiza (revista online de música folk) ::

:: Contaxiosa vivacidad · SonDeSeu no Teatro Circo Price de Madrid (Critica de Fernando Neira) ::

:: Entrevista a Berrogüetto en Galiciaé ::

:: 'Ao Vivo' de Luar Na Lubre, Mellor Album de Música Tradicional nos Premios de la Música ::

:: Serán en Toutón ::

:: A Revista (TVG) nas xornadas de música tradicional en Mondoñedo ::

:: Milladoiro, 30 anos de xira ::

:: Iván Area: “A sociedade que non conserve o seu patrimonio inmaterial caerá no olvido” ::

:: DOA "O son da estrela escura" (1979) 30 aniversario ::

:: MUSICA CELTA ARGENTINA de Carlos Prebble ::

:: Las muiñeiras nacidas en Cuba ::

:: Alalá continuará na tempada 2009-2010. ::

:: A `Tradicción´ sen trampas de Nova Galega de Danza ::

:: Reportaxes en AnosaterraTV: Luar Na Lubre, Guadi Galego e Fía Na Roca ::

:: Carlos Núñez: Brasil somos nós ::

:: Carlos Núñez - Alborada do Brasil (Novo disco en Xuño) ::

:: Tanxedoras publica o seu primeiro traballo musical ::

:: Susana Seivane volve cos seus soños, pezas de toda a vida ::

:: Alalá co gaiteiro José María Lagares ::

:: As cantareiras Tanxedoras chegan ó esceario da súa orixe ::

:: A Central Folque renova a música popular galega ::

:: Os que abriron o camiño (Milladoiro, pioneiro na renovación da música tradicional, fai 30 anos) ::

:: Mini e Mero (un texto de Xabier Cordal para Vieiros.com) ::

:: A vía das pandeiretas ::

:: Víctor Bello: `A cultura será un balón de osíxeno nesta época de crise económica´ ::

:: A gaita e o whistle soan a éxito no Bierzo ::

:: Sanín: pulindo a música tradicional ::

:: Manuel Xende: `Un día que ías tocar, gañabas para un ferrado de millo´ ::

:: Alalá viaxa a Brasil… ::

:: PROJECTO [TREPIA] : `Todo o que facemos ten base na música tradicional´ ::

:: O `V Encontro coa Zanfona Contemporánea en Narón´ na TVG ::

:: Galas de Alén, un esforzo pola recuperación do traxe tradicional galego ::

:: U-lo Trío. Música non hai máis que unha ::

:: Entrevista a Abe Rábade: ``Son un pouco jedi´´ ::

:: Obradoiro de regueifa nos institutos galegos ::

:: A memoria das voces ::

:: Som do Galpom: `Cada vez buscaranse máis propostas musicais´ ::

:: Benedicto: `Existe unha lenda negra sobre Voces Ceibes´ ::

:: Mouriño ou como quitar vida dun pau de madeira ::

:: crítica periódico `La Opinión´ concerto 3azoteas IBEROJAZZ 09 por Quinito Mourelle ::

:: Festicultores Troupe: "Somos da festa popular a saco, é o mellor que hai" | Galicia Hoxe ::

:: Por un método de gaita en francés ::

:: Nani García: `O defecto do jazz en Galicia é que mira demasiado alén do Atlántico´ ::

:: A tradición dos cantos de Nadal ::

:: As almas da noite de Kastomä ::

:: Xose Manuel Budiño: «Toco para transmitir emocións» ::

:: As tertulias do Diario: música ::

:: Longa vida ás tradicións en Santalla ::

:: A música da lusofonía, unha marca de éxito no mundo ::

:: Voces Ceibes ::

:: Concierto de “bOnOvO” na Fnac, un proxecto nacido das inquedanzas de 3 músicos ::

:: A última banda bravú ::

:: Entrevista a Vaamonde, Lamas & Romero ::

:: Ocaso e abrente da gaita galega ::

:: Entrevista a Antón Castro, compoñente de Fuxan Os Ventos ::

:: En Projecto Miño `conviven de modo natural el swing y la pandeirada ::

:: La cultura bravú se estudia en Michigan ::

:: Rebelión de ritmo y verso. Rap y regueifa se alían para fomentar el gallego entre los jóvenes ::

:: Abrindo mercados canción a canción ::

:: Musica galega e poesia - Reportaxe no programa Libro Aberto ::

:: ‘Neste país interesa máis aparentar, enviando embaixadas culturais’ ::

:: O legado da canción protesta ::

:: O futuro da música de raíz: Xosé Luís Foxo, Mercedes Peón e Rodrigo Romaní ::

:: A Revista - Coñecemos a Che, o penúltimo artesán do birimbao ::

 

 




 

Voltar á páxina principal