>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

25 Aniversario da Casa das Crechas (Compostela)
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 14 / 3 / 12 )





- Os artistas que participarán na Festa son: Banda das Crechas, Xosé Manuel Budiño, Carlos Blanco, Ugia Pedreira e Fred Martins, Uxía e Sérgio Tannus, Narf, Carlos Santiago, os magos Romarís e Cayetano Lledó, o Coro da Rá, Lilí dos Toxos, Acibreira, Davide Salvado, Alborada, Sara Vidal, Camilo Franco, Najla, Califa Swing Trio, Alejandro Vargas, o Coro da Rá, Xoán Curiel e Tony Lomba.

- Presentouse unha programación de aniversario que se estenderá ao longo de todo o ano

- A festa do 14 de marzo ten entrada libre e gratuíta e haberá de beber e de petiscar para os asistentes


Compostela, 14 de marzo de 2012Hoxe mércores día 14 a partir das 18.30 da tarde terá lugar na rúa Vía Sacra (exteriores da Casa das Crechas) a Festa do 25 Aniversario do pub máis emblemático da cidade, que contará coa presenza de 24 artistas convidados chegados de toda Galiza, Portugal (Sara Vidal) e Brasil (Fred Martins e Sérgio Tannus). A programación foi presentada por Vítor Belho, socio fundador, o artista Davide Salvado, a cantante Uxía e o gaiteiro Manuel Amigo.

A música galega estará amplamente representada polo gaiteiro Xosé Manuel Budiño, Leilía, Ugia Pedreira, os cantautores Narf (Fran Pérez) e Xoán Curiel, o Coro da Rá, os grupos de gaiteiros Alborada e Acibreira, Najla Shami, a Banda das Crechas, Uxía, Davide Salvado, Califa Swing Trio e Tony Lomba en plan ‘crooner’.

Tamén haberá humor e moito teatro, a cargo de Carlos Santiago, Carlos Blanco, Lilí dos Roxos; maxia (os magos Romarís e Cayetano), e un escritor coa súa mellor versión ‘stand-up comedy’: Camilo Franco.

A Festa estará conducida por Carlos Blanco e Xosé Barato e será retransmitida en directo a través da web da Casa das Crechas. Ademais, entrarán en directo desde outros países artistas como Aline Frazao (Lisboa), Déa Troncoso (Brasil), Marisol Palomo (Bruxelas, de Ialma) e Chick McAuley (Escocia).

A entrada é de balde e haberá bebidas e petiscos para os asistentes.

O 25 aniversario continuará a celebrarse ao longo de todo o ano, cunha programación especial para conmemorar os 25 anos e, á vez, comezar unha nova etapa na que desexamos continuar sendo un referente no país, actualizar a nosa oferta aos novos tempos e de seguir a ser a vangarda e tamén o niño dunha cultura sostible, aberta e universal.


- Casa das Crechas -


NOVAS RELACIONADAS:



Cinco horas de espectáculo e máis de 20 artistas inician unha programación que continuará todo o ano | culturagalega.org
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=20587


Un cuarto de século sendo un referente no panorama musical non se fan a diario. O pub compostelán A Casa das Crechas sábeo e para conmemoralos organizou para mañá, mércores 14 de marzo, unha festa que se prolongará a partir das seis e media da tarde. Máis de vinte e catro artistas pasarán, ao longo de cinco horas de espectáculo, polo local, dando así comezo a unha programación de aniversario prevista para todo o ano.

O evento terá entrada libre e contará coa presenza da Banda das Crechas, Xosé Manuel Budiño, Ugia Pedreira e Fred Martins, Uxía e Sérgio Tannus, Narf, Carlos Santiago, os magos Romarís e Cayetano Lledó, o Coro da Rá, Lilí dos Toxos, Acibreira, Davide Salvado, Alborada, Sara Vidal, Camilo Franco, Najla, Califa Swing Trio, Alejandro Vargas, o Coro da Rá, Xoán Curiel, Aline Frazao, Déa Troncoso, Marisol Palomo, Chick McAuley e Tony Lomba. A celebración estará conducida por Carlos Blanco e Xosé Barato. A entrada será libre e haberá petiscos e bebida para os asistentes.






Festa 25 aniversario da Casa das Crechas | Axenda cultural de Galicia en culturagalega.org. Exposicións, música, teatro, literatura, arte, cinema en toda Galicia
http://www.culturagalega.org/axenda/detalle.php?Cod_axnda=53318&xenero=Miscel%E1nea


Santiago, 18:30 hrs. Hoxe mércores día 14 a partir das 18.30 da tarde terá lugar na rúa Vía Sacra (exteriores da Casa das Crechas) a Festa do 25 Aniversario do pub máis emblemático da cidade, que contará coa presenza de 24 artistas convidados chegados de toda Galiza, Portugal (Sara Vidal) e Brasil (Fred Martins e Sérgio Tannus).

A música galega estará representada polo gaiteiro Xosé Manuel Budiño, Leilía, Ugia Pedreira, os cantautores Narf (Fran Pérez) e Xoán Curiel, o Coro da Rá, os grupos de gaiteiros Alborada e Acibreira, Najla Shami, a Banda das Crechas, Uxía, Davide Salvado, Califa Swing Trio e Tony Lomba.

Tamén haberá humor e teatro, a cargo de Carlos Santiago, Carlos Blanco, Lilí dos Roxos; maxia (os magos Romarís e Cayetano), e o escritor Camilo Franco.
A Festa estará conducida por Carlos Blanco e Xosé Barato e será retransmitida en directo a través da web da Casa das Crechas. Ademais, entrarán en directo desde outros países artistas como Aline Frazao (Lisboa), Déa Troncoso (Brasil), Marisol Palomo (Bruxelas, de Ialma) e Chick McAuley (Escocia).

A entrada é de balde e haberá bebidas e petiscos para os asistentes





El último bar del Camino | El País
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/03/13/galicia/1331666663_981464.html













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- Crechas -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal