>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

IV Aniversario do Local Social Aturuxo (Boiro)
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 8 / 3 / 12 )





O venres 9 e o Sabado 10 o local social Aturuxo celebra o seu cuarto aniversario baixo o lema ''Cuatro Anos Criando Poder Popular''. Catro anos dinamizando o tecido asociativo e cultural do concello e da comarca, cumplindo ,dentro das nosas posibilidades, cos obxectivos que nos marcamos e nos fomos marcando ao longo de todo este tempo: dignificación e espallamento da lingua e cultura galegas, a libre expresión, o movemento e a loita social...



Nestes catro anos fomentamos unha mocidade e unha sociedade crítica, que saiba do mundo e do país, que comparta e que se sinta integrada. O logro do capitalismo é deixarnos solas entre a masa de xente. Por tanto tentamos ser unha alternativa, opoñéndonos ao consumismo como pseudofelicidade buscando formarnos en valores de esquerda, de feminismo, de ecoloxismo, dende unha perspectiva nacional, en defensa da cultura galega e do pobo traballador galego.

Queremos seguir tendo un local dende onde berrar para espertar á comarca, ser un proxecto que medre, que non se feche entre catro paredes, senón que recorra o monte, protexéndoo dos lumes especuladores, que atravese a ría defendéndoa de criminais, que se meta nas casas chamando á veciñanza toda á resistencia, a erguerse contra a perda da nosa identidade e a destrución da nosa terra. Que berren as mulleres contra o patriarcado asasino, que loiten as mozas/os cara a cara coa precariedade, e que non teña que marchar máis ninguén, non queremos máis diáspora. E que se escoite por todo o país o Aturuxo do Barbanza.

10, 100, 1000 Centros Sociais!





PROGRAMACIÓN:


Venres 9 DE MARZO:

ás 20hh Charla: o traballo dos centros sociais
ás 21.30 Petiscos e Pinchada Rebelde

ás 00.30 Mighty Calacas na Pousada das Animas/ESE

------------------- -----------------------------

Sabado 10 DE MARZO:

ás 13hh. de tabernas ,c@s gaiteri@s.

ás 15hh Xantar popular en Aturuxo. 10€

ás 22hh concerto de DIOS KE TE CREW. 5€ (socias e socios gratis)

ás 00hh IVAN DZ


- Local Social Aturuxo- Dios Ke Te Crew -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- lsAturuxo -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal