>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Quempallou prepara o lanzamento do seu novo traballo discográfico Vellas Novas
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 16 / 2 / 12 )





O disco sae á venda a finais de marzo cun discurso cargado de retranca e unha estética baseada no mundo do xornalismo

 Tomáronse o seu tempo, pero dende logo que foi para elaborar con moito convencemento e boas ideas o que xa é o cuarto traballo discográfico do grupo. Deste xeito, Quempallou, unha das bandas máis representativas do folk galego, volve a ser noticia. E nunca mellor dito, xa que o seu novo disco “Vellas Novas”  toma forma nunha estética xornalística, que se verá reforzada coa publicación dun xornal que a banda ten pensado distribuír nos seus concertos.“Vellas Novas” e un traballo cargado de matices sonoros e cunha gran dose de influencias musicais, que chegan dende a experiencia dun grupo que leva máis de doce anos en escena. Como é habitual en Quempallou, o disco asenta unha fonda raíz na tradición musical galega, a partir da cal, constrúe arranxos, adapta letras e crea novas composicións. Así conseguen unha sonoridade característica, apoiada nas percusións tradicionais, o acordeón e as cordas, sobre o que camiñan frautas, gaitas, e sobre todo a voz.Haberá que agardar ata o mes de Abril para atopar “Vellas Novas” nas tendas, e por suposto na rede, pero mentres tanto, Quempallou presentará un avance de dous temas en exclusiva este sábado 18 de febreiro no programa de Radio Galega “Lume na palleira”. Dous temas que comezarán a soar nos medios a partires da semana que vén e que tamén se poderán escoitar na páxina do web grupo www.quempallou.com


- Quempallou -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal