>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Moxenas Musical Galego en Ponteareas

(ultima actualización: 27 / 1 / 12 )





Este sábado día 28 de Xaneiro a partir das 20:30 h no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas, Moxenas Musical Galego ofrecerá o primeiro concerto do ano 2012, nunha actuación que, ademais de facer un repaso a fondo do seu repertorio habitual, será un anticipo dos vindeiros concertos que farán en vilas como Gondomar ou en A Coruña, onde participarán como artista convidado nos Premios Opinión 2012 da música galega.

Moxenas Musical Galego é unha orquestra de folc galega formada en Vigo no ano 2003 como homenaxe ao mítico gaiteiro Nazario González "Moxenas", unha innovadora proposta musical que reúne a máis de 40 xóvenes músicos pertencentes a varias Asociacions Veciñais e Culturais de Vigo e a súa bisbarra (cunhas idades comprendidas entre os 11 e os 23 anos) e que rescata varias das obras musicais máis senlleiras da música galega, alén de poñer en escena composicións contemporáneas, coa colaboración de autores tan importantes como Ernesto Campos. Nos últimos anos representaron a Galicia en varios festivais internacionales como o prestixioso Festival Lorient de Francia, recibindo unha grande acollida tanto polo público en xeral como pola prensa especializada.

Baixo a dirección de Xosé Oliveira (compoñente de Noitarega), o orixinal formato de Moxenas Musical Galego baséase nunha persoal mestura de intrumentos tradicionais galegos (gaitas, pandeiretas...) e contemporáneos (saxo, teclados, baixo eléctrico...), o que fai dos seus concertos unha atractiva oferta musical, unha cita obrigada para un público de todas as idades amante da música tradicional galega."











- Moxenas Musical Galego -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal