>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

MANU CHAO NO X REPERKUSIÓN, QUE SE CELEBRARÁ DO 17 AO 19 DE MAIO
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 24 / 1 / 12 )





Chega unha nova edición do Reperkusión: a décima, que este ano se adianta para celebrarse na primavera, os días 17, 18 e 19 de maio. Para celebrar a primeira década de existencia do festival máis festeiro desta parte do mundo, temos un cabeza de cartel excepcional: Manu Chao! Estará con nós actuando non un senón dous días: o xoves 17 e o sábado 19. Unha cita inexcusable na que serán as súas únicas actuacións previstas nun festival da Península. Manu Chao chegará a Allariz co proxecto Manu Chao La Ventura, logo de actuar nos últimos meses en países como Arxentina, Estados Unidos, Xapón ou Australia. Acompañado de guitarra, baixo e batería, con La Ventura preséntase nun formato máis directo no que dá un novo xiro ás súas potentes actuacións cheas de enerxía e ideas frescas.

Máis confirmacións.

Manu Chao non é a única confirmación para o cartel deste ano. No Reperkusión estarán tamén Russkaja, Funky Style Brass, Os Tres Trebóns e Festicultores Troupe.


- Reperkusión- Os Tres Trebóns - Festicultores Troupe -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal