>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Treixadura reunirá a 1.500 persoas no Auditorio Mar de Vigo

(ultima actualización: 17 / 12 / 11 )





A Fundación Inade, Instituto Atlántico del Seguro organiza, para o próximo 17 de decembro, un concerto baixo o título “Gracias a ti”, que terá lugar no Auditorio Mar de Vigo.
Con esta celebración, a fundación Inade quere agradecer ao conxunto da sociedade a confianza depositada nos mediadores de seguros para proteger o seu patrimonio, as súas persoas e as súas responsabilidades a través de contratos coas entidades aseguradoras, así como a labor que teñen levado a cabo, e continúan a facer as persoas que traballan no conxunto do sector asegurador.
O concerto “Gracias a ti” será interpretado polo grupo de música tradicional Treixadura, que presenta en Vigo o seu último disco “Esa si que é muiñada”. Esta agrupación conta con 20 anos de grabaciónns e concertos, cinco discos no mercado e unha chea de colaboraciónns discográficas.
Con este novo traballo, Treixadura pretende “revivir a música e os cantos populares que aínda se ocultan no substrato dun pobo que garda con celo o seu patrimonio cultural”. Para desenvolver esta declaración de intencións, o grupo contou coa colaboración dos coros decanos Galegos “Cantigas e Agarimos” (Santiago de Compostela), “Cántigas da Terra” (A Coruña), “Real coro Toxos e Froles” (Ferrol), “Coral de Ruada” (Ourense) e “Agrupación Musical de O Rosal” (O Rosal, Pontevedra).


- Treixadura -
- Toxos e Froles- Cantigas e Agarimos- Cántigas da Terra -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal