
“Os Viqueiras” continúan un ano mais ca organización das Noites de Tasca na comarca de Ordes, de outubro a xuño, todos os primeiros venres de cada mes. Este venres día 7 comeza a 4ª tempada que se celebrará no Bar CALVIÑO na Pontepedra, a partir das 10 da noite. Contamos ca presenza do mestre gaiteiro Evaristo de Sofán, de 78 anos, gran artesán, ferreiro e coleccionista de instrumentos antigos. Despois dará paso á Foliadana que poden participar todos os músicos e grupos que o desexen.
|