>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 18 / 9 / 11 )





Tras o parón do pasado ano, alleo aos desexos da Asociación de Gaiteiros Galegos, a AGG volta a organizar a que será a V edición do Congreso de Ensinantes de música tradicional, que se celebrará no AUditorio de Galicia os días 7, 8 e 9 de Outubro do 2011

As catro edicións anteriores demostran como esta cita anual se está a converter nun referente, xa non só para a xente que traballa no entorno da música tradicional, senón para mestres e mestras que achan no congreso unha fonte de ideas e coñecementos para desenvolver o seu quefacer diario.

Pretendemos pois con esta actividade, amosar a riqueza da nosa cultura tradicional, incidindo na importancia que ten a transmisión destes coñecementos para que as novas xeracións continúen a valorar, respectar e transmitir este importante legado cultural. Deste xeito consideramos imprescindible que se involucren todos os axentes educativos no eido da música e da cultura tradicional como son escolas de música, conservatorios, asociacións culturais, etc.

DATAS:
7, 8 e 9 de Outubro do 2011

LUGAR
Auditorio de Galicia
Avda. Burgo das Nacións s/n
15705 Santiago de Compostela (A Coruña)


INSCRICIÓN

Podes descargar o boletín de inscrición premendo aquí ou solicitalo na oficina da AGG. Este deberá ser enviado debidamente cumprimentado xunto co xustificante do pago bancario, ben por correo postal á dirección Lugar de Quintán 3, 36121 Viascón (Cotobade) Pontevedra, ou ao enderezo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.com
O prazo de inscrición rematará o 3 de outubro ou cando se complete o aforo, en tal caso aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes.

Prégase comprobar dispoñibilidade dE prazas e aceptación da solicitude antes de facer o pago da inscrición.

PREZO DA MATRÍCULA

Estudantes e/ou asociados da AGG, AS-PG e afiliados á CIG: 20 €

Outros : 40 €

Para poder beneficiarse dos descontos da matrícula é preciso acompañar á información requirida, un xustificante que acredite dita condición



FORMA DE PAGO

Ingreso ou transferencia bancaria a nome da Asociación de Gaiteiros Galegos no nº de conta 0182-0638-90-0200016989 (BBVA) indicando no concepto “V Congreso” e o nome completo da persoa.



HOMOLOGACIÓN

Está en trámite a validación deste Congreso por un crédito de libre configuración para todas as titulacións da Universidade de A Coruña.

Solicitada homologación á Consellería de Educación.

Aquelas persoas non activas na Consellería de Educación deberán consultar as condicións para a obtención do título homologado a través do enderezo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.com


PROGRAMA

VENRES

TARDE 16.00 H A 22.00 H

16.00 h – Recepción e reparto de material.

16.40 h – Acto de apertura do “ V Congreso de ensinantes de música tradicional galega”.

17.15 h – 18.30 h – I RELATORIO: Visita virtual á “Casa da Gaita”. O primeiro museo galego adicado á gaita de fol. Asociación de Gaiteiros Galegos

18.30 h – 19.00 h – DESCANSO.

19.00 h – 20.30 h – II RELATORIO. A zanfona como recurso dentro das aulas de música de primaria. Teresa Gómez

20.30 h – 22.00 h – I MESA DEBATE: Estado actual na metodoloxía de aprendizaxe da zanfona en Galicia. Teresa Gómez, Paulo González, Xermán Díaz. Moderador Xaneco Tubío.


SÁBADO



MAÑÁ DE 10.00 H A 14.00 H

10.00 h – 11.15 h – III RELATORIO. O ensino da gaita galega en nenos. Xaime Estévez

11.15 h – 12.00 h – I COMUNICACIÓNS.

12.00 h – 12.20 h – DESCANSO.

12.20 h – 14.00 h – I OBRADOIRO: A música nas aulas con instrumentos humildes. Susa Herrera.



TARDE DE 16.00 H A 19.00H

16:00 h – 16:45 h – PRESENTACIÓN DE NOVAS PUBLICACIÓNS SOBRE MÚSICA TRADICIONAL. “Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega” Pablo Carpintero.

16.45 h – 18.15 h – II MESA DEBATE. Instrumentos cultos e populares na historia da música tradicional. Pablo Carpintero, Fernando Reyes, Luís Costa. Moderador Iván Area

18.15 h – 19.00 h – PRESENTACIÓN. “Os Morenos de Lavadores” Xerardo Fernández Santomé e Miguel Pérez Lorenzo

DOMINGO



MAÑÁ DE 10.00 H A 14.00 H

10.00 h – 11.15 h – IV RELATORIO: A música galega como terapia en idades temperás. Andrea Gómez.

11.15 h – 12.00 h – II COMUNICACIÓNS.

12.00 h – 12.20 h – DESCANSO.

12.20 h – 14.00 h – II OBRADOIRO: A música popular na musicoterapia. Dra Pilar Lago



TARDE DE 16.00 H A 20.00H

16.00 h – 17.20 h – III OBRADOIRO: Xogos tradicionais e populares. Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional

17.20 h – 18.20 h – V RELATORIO: Colectivo Xosé Afonso, O Cantor e a música tradicional. Xosé Pumar

18.20 h – 18.40 h – DESCANSO.

18.40 h – 19.30 h – CONCERTO. Colectivo Xosé Afonso

19:30 h – 20.00 h – CONCLUSIÓNS E CLAUSURA do V Congreso de ensinantes de música tradicional galega.



- Asociación de Gaiteiros Galegos -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal