>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Obradoiros e mostra de canto e baile tradicional en Monforte

(ultima actualizaci�n: 18 / 9 / 11 )





Domingo, 25 de setembro 2011
no local da A.C. Amigos da Pandeireta, rúa Rosalía de Castro, Monforte de Lemos:

Obradoiros e Mostra de canto e baile tradicional impartidos por profesores da Tradescola.

11:00 a 13:00 Baile tradicional e creación, impartido por Xabier Iglesias.

16:00 a 18:00 Técnica vocal para o canto tradicional galego, impartido por Begoña Lorenzo.

18:00 a 19:30 Baile tradicional agarrado, impartido por Xabier Iglesias.

Para finalizar, a Mostra, actividade lúdica que servirá para poñer en practica todo o aprendido nos obradoiros ou simplemente para pasalo ben. Haberá música, baile e algo para picar. Animádevos!

Aínda que non é necesario inscribirse gustaríanos que nos contásedes se pensades asistir.

Para calquera dúbida preguntade aquí ou no enderezo electrónico amigosdapandeireta@gmail.com



- Amigos da Pandeireta- Tradescola -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal