A Escola Municipal de Artes e Oficios anuncia o calendario oficial de presentación de solicitudes de novo ingreso e matriculación para o curso 2008-2009.
Aprobado o Plan de Normalización Curricular pola Xunta Rectora do Organismo Autónomo EMAO, en sesión de data 14 de xullo de 2008, anúnciase o calendario oficial de presentación de solicitudes de novo ingreso e matriculación para o curso 2008-2009 na Escola Municipal de Artes e Oficios:
Especialidades xerais: Pintura, Escultura e talla en madeira, Debuxo, Cerámica, Encadernación, Repuxado en Coiro, Moda e confección, Artes Gráficas, Encaixe de Palillos, Ourivaría.
- 17 de xullo-2 de setembro: exposición das listas de pre-matriculados (alumnado que finalizou nivel na súa especilidade no curso 2007-2008) - 3-5 de setembro: exposición definitiva das listas de pre-matriculados - 8-16 de setembro: preinscrición alumnado de novo ingreso; matrícula pre-matriculados - 19 de setembro: Exposición do listado de alumnos novos que fixeron a preinscrición. - 24 de setembro: sorteo das preinscricións de alumnado de novo ingreso. - 26 de setembro: exposición listas de admitidos segundo o sorteo. - 26-30 de setembro: Matrícula alumnado de novo ingreso. - 1 de outubro: Exposición das listas definitivas. Comezo do Curso
Especialidades CAIM: Construcción Artesanal de Instrumentos Musicais (Gaita, Zanfona, Luthería antiga)
- 17 de xullo-2 de setembro: exposición das listas de pre-matriculados - 3-5 de setembro: exposición definitiva das listas de pre-matriculados - 8-16 de setembro: Matrícula pre-matriculados - 17-26 de setembro: Preinscrición, se é o caso, alumnado novo ingreso - 29 de setembro: sorteo das preinscricións - 30 de setembro: exposición listas de admitidos segundo o sorteo. - 1 de outubro: inicio curso alumnado procedente do curso 2007-2008 - 2 de outubro: Exposición listados definitivos alumnado de novo ingreso; Inicio, se é o caso, do curso para alumnado de novo ingreso
Horarios de administración
Lugar: Edificio principal da EMAO, rúa García Barbón, 5 Horario: de 10 h. a 14 h., laborables de luns a venres. Máis información: - Web-EMAO: http://hoxe.vigo.org/movemonos/educacion - Correo electrónico: emao@vigo.org - Tfno.: 986228088
Notas importantes : Durante o curso 2008-2009 non se convocarán cursos de iniciación nas especialidades de Cerámica e de Encadernación. - O alumnado procedente do curso 2007-2008 que lle corresponda continuar os seus estudios conforme ao Plan de Normalización Curricular, deberá obrigatoriamente matricularse nos prazos sinalados. - Para as especialidades CAIM, a convocatoria de novas prazas para iniciación, dependerá da existencia de vacantes despois do período de pre-matriculación.
|