>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Xarabal e Carlos Núñez no III Festival dos pobos minoritarios no Val de Aosta (Italia)
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 9 / 9 / 11 )





Entre 8 e o 10 de setembro ten lugar na rexión autónoma do Val de Aosta (Italia) o Festival dos Pobos Minoritarios, ao que Galicia leva a súa lingua e a súa cultura como convidada de honra, xunto con Sardeña e Quebec. O Goberno autónomo do Val de Aosta promove a terceira edición desta iniciativa, que naceu co obxectivo de favorecer o respecto, a defensa e o recoñecemento das linguas minoritarias, así como a convivencia e o intercambio cultural.

As dúas edicións anteriores estiveron adicadas ao éuscaro, o occitano e o corso (2009) e o catalán, o bretón e o ladino (2010)

A terceira edición do festival ofrece múltiples actividades, entre as que se inclúen mesas redondas, foros de reflexión, proxeccións audiovisuais, actuacións musicais e visitas aos principais puntos de interese cultural do Val de Aosta. A difusión das linguas e das culturas dos pobos convidados completarase coa instalación de stands, onde os visitantes ao festival poderán atopar diverso material a través do que achegarse a Galicia, a Sardeña e a Quebec.

Tamén viaxarán á rexión autónoma italiana coa delegación galega o académico da lingua galega Manuel González e o profesor de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela Antón Santamarina, que lle presentarán Galicia ao público asistente desde unha perspectiva lingüística, xeográfica e cultural. Finalmente, a representación artística correrá a cargo do gaiteiro Carlos Núñez e da Banda de Gaitas Xarabal, que farán soar conxuntamente a música galega no Teatro Romano do Val de Aosta o 10 de Setembro, e con dous pasarrúas que realizara Xarabal os días 9 e 10




- Xarabal- Carlos Núñez -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal