>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Berros do Castro: "Eirexado s/n". Música tradicional das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

(ultima actualizaci�n: 6 / 9 / 11 )





(Información e fotos extraída de diversos xornais e a web do Facebook de Berros do Castro)



Este CD pode mercarse nos concertos, no obradoiro de Antón Varela (r/San Francisco de Ferrol) ou no correo electrónico berrosdocastro@gmail.com, e o seu precio (5 euros) busca sufragar os costos da súa edición, parte da cal foi pagada a través do programa "Outra+Outra".

A Deputación de A Coruña e a Fundación Paideia, a través do estudio de gravación Mans, veñen convocando nos ultimos anos o programa "Outra+Outra", que ten como obxectivo a promoción e difusión de formacións musicais da provincia.
Apoiados por este programa, a Agrupación Berros do Castro, de San Sadurniño, está a desenvolver, dende comezos do 2008, o proxecto de investigación etnográfica e cultural "Unha imaxe, unha melodía, un recordo..", proxecto que ten como finalidade «recuperar, preservar e transmitir diferentes aspectos dá música popular de Ferrolterra». recompilando imaxes e todo tipo de documentación dos solistas e conxuntos que deron pulo á música tradicional nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.


Este proxecto, que levou a Berros do Castro a conquerir o premio de investigación “Ferro Caaveiro” do Museo Etnográfico da Capela, conta cunha serie de ferramentas para poñer en valor este patrimonio, como é unha exposición itinerante de imaxes antigas de formacións e músicos tradicionais, e unha serie de concertos didácticos.

Durante estes anos rescataron melodías que doutro xeito quedarían esquecidas na memoria e nas partituras de mestres e intérpretes pois xa non formaban parte do repertorio de ningún grupo (polas dificultades ou a reticencia que houbo noutras decadas á hora da transmisión). E se xa no seu momento Berros do Castro foi introducindo estas músicas no repertorio das súas actuacións, chega por fin a «plasmación sonora de "Unha imaxe, unha melodía.. un recordo» coa gravación dun disco "Eirexado s/n", no que buscan unha maior divulgación e dignificación dos músicos de antano, ao tempo que poñen todo este material (partituras, audio, fotos..) a disposición de aqueles grupos que tamén queiran reinterpretar algun dos temas.

Ademáis destas melodías interpretadas polo grupo (algunhas delas gravadas cunha gaita restaurada por Antón Varela, cunha sonoridade moi especial, procedente dun obradoiro que que existiu en Lago, Valdoviño, e que Berros do Castro sitúan nas décadas dos anos 20 e 30) o disco inclúe «dous cortes sonoros gravados a dous músicos que deixaron unha fonda pegada na música popular da bisbarra»: - unha gravación do ano 83, cedida pola asociación Donas e Galáns, de Dionisio Rodríguez, «afamado acordeonista dá parroquia de Doso», - e outra do ferrolano Manuel López Vergara «un dous gaiteiros máis representativos e activos dá bisbarra, tanto na súa faceta de intérprete como de mestre de gaiteiros», rescatada dun casette que gravou a propia familia a finais dos 70 ou principios dos 80.

Eirexado s/n é en realidade o enderezo postal, na parroquia de Naraío, da Asociación Berros do Castro, e representa o destinatario dun paquete de música, envolto en papel de estraza -así ven representada a capa do CD-, que remiten os músicos do pasado cun selo no que figura o mestre e compositor Constantino Bellón, figura que aparece resaltada non só nesta estampa, senón tamén ao contaren o disco coa colaboración da formación Os Raparigos, .
Todo no disco é por tanto unha homenaxe: portada, fotos, datos dos grupos rescatados.. «un disco modesto», segundo apunta Bruno Casal, «pero que cumplirá co seu obxectivo se serve para preservar e transmitir o gran traballo que fixeron os músicos populares antigos das nosas comarcas».



Berros do Castro son:
Antón Varela e Bruno Casal: gaitas e frautas.
José E. Rodríguez: acordeón e gaitas
Xosé L. Loureiro: clarinete
Marcos Gómez: bombo e pratos
Ramón Dopico: tambor e caixa
Sabela Folgar: Baile e percusión

Colaboracións:
Alexandre Cadarso: frautas
Víctor Collazo: trombón
Os Raparigos (Xan R. Silvar e Xabier R. Fariñas nas gaitas e Rafael Victoria ó bombo).


- Berros do Castro -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal