>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Insound Festival e Angola próximas paradas de Cristina Pato

(ultima actualizaci�n: 1 / 9 / 11 )





A gaiteira e pianista Cristina Pato estará no Insound Festival de Altea Alicante colaborando coa The World Orchestra da man do director e compositor Josep Vicent. Cristina interpretará ao piano obras do compositor Joan Valent, recentemente editadas co sello Deutsche Grammophon, obras de Josep Vicent e composiciones propias para gaita e orquestra en catro concertos ofrecidos entre o 1 e o 6 de Setembro.
A partires do día 7 de Setembro a gaiteira viaxará a Luanda, Angola, para ofrecer unha serie de concertos e actividades con motivo da Semana de la Cooperación Española en Angola. A Asociación Española para a Cooperación Internacional e o Desenrolo AECID invitou á gaiteira e a súa formación acústica a participar nos actos de celebración de dita semana en Angola.
Despois de Alicante e Angola, a gaiteira regresará a Galicia para ofrecer un concerto e logo desprazarse a Harvard University onde comenza a residencia artística con The Silk Road Ensemble.


- Cristina Pato -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal