
Este venres na Taberna A Eira de Ponteceso, e dentro das actividades culturáis desta semana en Ponteceso do XXX Aniversario do Monolito Pondaliano (http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2011/08/28/0003_201108C28C8991.htm), terá lugar a presentación do CD "A Escote", dos grupos Fol de Veneno e Media Ducia.
O acto empezará ás 22:30, e contará con algúns convidados, ata agora están confirmados Pedro Lamas co seu saxo, Fransy Gómez (Xiradela), Sonia Reborido, Ito de Arzúa coa súa tuba, as bailadoras de Raigañas....
Está todo o mundo convidado á festa, que será intensa e looonga!
Programa Completo
Domingo, 28 agosto. A partir das 12 da mañá: pasarrúas a cargo do grupo Os Terribles de Donas e reparto de tríptico. Luns, 29 agosto. Pola mañá. No Centro Cultural de Ponteceso: Exposicion “Terra de Bergantiños” e “Bibliografía dos escritor@s pontecesáns”. Na Fundación Ricardo Pérez Verdes: Exposición e exhibición de xogos tradicionais. Nas librerías A Pesqueira e A Tenda dos Libros: Exposición e venda de libros de autor@s pontecesáns. Pola tarde. Na sede da Asociación Coto de Almerezo (Campo da Feira da Trabe): Presentación do libro Comarca natural de Bergantiños e sesión gastronómica de xabarín. Martes, 30 agosto. Ás 7 e media da tarde. Na Praza do Pan de Corme: Jesús Méndez Torrado, “Lembranza do gaiteiro Calixto dos Maravillas” e actuación dos gaiteiros do Centro Coreográfico Galego. Mércores, 31 agosto. Pola mañá. Por distintos espazos de romarías. Manuel Vilar, Xan Fernández Carrera, Luís Giadás, Jesús Couto e Manuel Caridad, “A lingua viaxeira. Un percorrido polas romarías da Costa da Morte”. Xoves, 1 setembro. Ás 8 da tarde. Na igrexa de San Fins de Anllóns. José López, “Recital de campás”, “Recitado cívico do poema de Pondal A campana de Anllóns”, “Estrea da curtametraxe A campana de Anllóns de Dani Puente, que inclúe un recitado do poeta ourensán Eduardo Blanco Amor”, Visionado do vídeo do programa Ben Falado 150 aniversario do poema A campana de Anllóns”. Presenta Cristina Martínez Silvarredonda. Venres, 2 setembro. Ás 11 da noite. No bar A Eira. Media Ducia, Fol de Veneno e convidad@s (Pedro Lamas, Fransi González de Xiradela, Sonia Reborido, Ito de Arzúa e bailador@s de Raigañas), “Concerto-presentación do CD de música tradicional A escote”. Visionado fotográfico e videográfico. Presenta Manolo Dourado. Sábado, 3 setembro. Pola mañá. Por lugares con topónimos pondalianos. Ponteaventura Raid. Domingo, 4 setembro. De 12 a 14 horas. Polas rúas da “Pequena Ponteceso”. Roteiro cívico con asistencia de diversos colectivos do concello e animación musical e poética. ORGANIZAN:Fundación Eduardo Pondal, Concellería de Cultura e colectivos asociativos do concello de Ponteceso
|