
Porque non todo ten que ser dura loita, un ano máis, en parte pola nosa obriga de facer caixa para as multas e os gastos de avogados motivados pola nosa loita contra o especulador malo, pero tamén por outra pola ledicia de nos xuntar cun viño e unhas navallas da ría e ter un pouco de troula coincidindo coas festas de Cangas, o Foro Social de Cangas, monta de novo a Taberna do Salgheirón!! Este é o programa:
- Venres ás 20 horas: Circo na rúa
- Sábado ás 18 horas: Charla debate “As rías, estado natural e recursos pesqueiros”
- Domingo ás 23 horas: Salgueirón Jazz Trio
- Luns ás 19:30 horas: Codia e Miolo -contacontos-
- ás 21:00 horas: SOS Massó Jazz Band
- ás 22:30 horas: “Arremecághona’s Produçións na Xira d@s Nen@s sen País ‘11″
Vémonos na Taberna!!!
|