>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

IV Festival do Río Belelle (O Roxal-Neda)

(ultima actualización: 24 / 8 / 11 )





Nota de Prensa
Sábado 27 de agosto de 2011 ás 19h (obradoiro) e 22h (concerto)
Festival Belelle
O Roxal, Neda (A Coruña)

A Asociación Cultural A Fervenza do Belelle organiza unha nova edición, a cuarta, do festival que leva o nome deste río e que terá lugar o próximo día 27 de agosto. O lugar, como é habitual, será a zona do ámbito da canle da parroquia do Roxal e os organizadores contarán coa colaboración de distintas entidades sociais e do Concello de Neda. Ademais, habilitaranse zonas de aparcadoiro e mesmo de acampada para os que decidan quedar posteriormente a pasar a noite.
A xornada matinal abrirase coa presentación daquelas merendas que queiran optar ao concurso que se convoca cada edición, pero o programa se abrirá oficialmente coa lectura do pregón, en torno á unha e media da tarde. Será o momento de comezar coa primeira actuación musical do día, que estará protagonizada pola charanga O Recobio.
Despois de comer -en torno ás catro e media da tarde- darase inicio ás propostas vespertinas, entre as que se inclúe un taller de baile tradicional galego para aquelas persoas interesadas. Ademais, haberá distintos xogos populares e todo iso contará coa animación musical dunha charanga diferente, Os Veraneantes.
Noite > Cerrando as propostas deste Festival do Belelle estará o concerto nocturno, que está previsto dea comezo en torno ás nove da noite no escenario habilitado no mesmo ámbito.
O grupo Pesdelán poñerá un dos acentos máis tradicionais a unha actuación na que tamén participarán a popular comparsa Kilomberos de Monte Alto, a agrupación folk A Banda da Balbina e o grupo A Compañía do Ruído, que se define como unha mestura celta e folk


- Festival do Río Belelle- Pesdelán- A Banda de Balbina- Compañía do Ruido- Kilomberos de Monte Alto- Os Veraneantes- O Recobio- festivais -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal