>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 



Comeza o Festival de Música de Tabernas
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 19 / 8 / 11 )



O sábado continuará con "Os Abrentes" e "Lume Na Lareira"

A primeira xornada do festival Música de Tabernas ábrese hoxe, ás 21.15 horas, no centro histórico, coa actuación de dous grupos, Foula e Os Alegres.

Foula é de Cotobade e trátase dunha formación de gaitas e percusión que nace no seo da música tradicional para ir crecendo posteriormente no campo da música folk.

Pola súa banda, Os Alegres de Mourente, Pontevedra, son un referente na música tradicional. Foi fundado polo gaiteiro de Mourente Afasto Aboal, fai máis de setenta anos. Foi o inicio dunha saga familiar que xa vai pola terceira xeración.

Dionisio Aboal é o actual director do grupo, que ten unha escola de gaiteiros e percusionista, ademais de grupo de baile. Tamén se dedican a recompilar o repertorio popular para tratar de preservalo e difundilo, e contan cun taller de artesanía de instrumentos tradicionais. No ano 2008 obtiveron o premio Cidade de Pontevedra.

Tanto Foula como Os Alegres desfilarán, a partir das 21.15 horas, por todas as rúas da zona munumental cantando e bailando, para xuntarse na praza da Peregrina. Alí comezarán cunha música máis tradicional para finalizar cun pouco de todo, buscando animase a xente e que participe bailando con eles, prometendo prolongar o espectáculo ata que o corpo aguante.



- Os Alegres- Os Abrentes- Foula- Lume Na Lareira- Cantos de Taberna -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal