>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

IX Festival Terra Brava, 21 de Agosto no Incio

(ultima actualización: 18 / 8 / 11 )





Habelas Hainas, Quadrilha e Güintervan poñeran a música dende o
escenario mentres que PelePau e Arandela animaran as rúas.


Xa está todo preparado para a celebración da IX
edición do Festival Terra Brava. Unha cita na que a música tradicional, os xogos
populares, os contos de sobremesa e as propostas musicais máis innovadoras,
reúnen nunha mesma carballeira a xentes de tódalas idades e condición.

As actividades comezarán pola mañá coa sorprendente proposta do grupo
de percusión galega PelePau e os gaiteiros do Incio Arandela que farán un
percorrido pola vila e animarán os instantes previos ao xantar que se celebra cada
ano no mesmo recinto que o festival. A sobremesa tamén estará animada por estes
grupos e os músicos espontáneos que queiran sumarse á festa.

Xa pola tarde, os obradoiros de xogos para cativos e maiores apenas deixará
tempo libre antes de que á noitiña comecen os concertos. Un cartel que se
completa con Habelas Hainas, que nos achegan a música máis tradicional dende
Compostela; Quadrilha, histórica banda que chega dende Portugal; e Güintervan,
coa súa incansable mestura de folk galego, balcánico e de quen sabe cantos lugares.
Para Nemesio Pérez, un dos organizadores do festival dende a súa primeira
edición, “non é doado organizar unha festa destas características, pero paga a pena
cando durante un día vemos ao pobo cheo de vida, e con ilusión de alcanzar o ano
que vén o que será o noso décimo Festival Terra Brava”.


- Terra Brava- Festival- Habelas Hainas- PelePau- festivais -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal