>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Nordestin@s en concerto, o venres 19 no Auditorio de Rianxo
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 17 / 8 / 11 )





Volven as NOITES FOLC á programación do Verán Cultural 2011 organizada pola Área de Educación e Cultura. Desta volta cun concerto do grupo NORDESTINAS ao abeiro do programa GALICIA É MUSICA promovido pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia

Dúas voces galegas de máxima actualidade: Guadi Galego Berrogüetto, Espido) e Ugia Pedreira (Chouteira, Marful, Acróbata) fan castelos de area con composicións propias, rodeada do salitre do repertorio mariñeiro do Norte. Todo isto vai envolto coas harmonías contemporáneas, a elegancia e o talento dun dos mellores músicos de jazz da península, o pianista Abe Rábade.

O público interesado poderá retira-las invitacións (2 Por persoa) no propio Auditorio unha hora antes do concerto.


- Nordestin@s -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal