>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Coro Tradicional Cantares do Brión en Panxón - Nigrán

(ultima actualización: 14 / 8 / 11 )





O martes, 16 de agosto, ás 22,30 horas, no Campo das redes, en Panxón - Nigrán, daremos o noso primeiro concerto en solitario.
Será dentro do Programa de Actividades Agosto 2011 que organiza a Concellería de Cultura, Turismo e Deporte do Concello de Nigrán.
Alí interpretaremos o repertorio que nos caracteriza: alalás, foliadas, pandeiradas, con algunha novidade como a peza titulada "Na Touba do Brión", que estreamos hai poucas semanas no Festival Folc Illa de San Simón, en Cesantes. A letra desta peza son varias coplas recollidas por Rosalía Hermida Pérez, natural de Xián - Vincios (Gondomar) e que é avoa dunha das compañeiras do coro; a música é de Luís Correa "Caruncho", tamén membro de Cantares do Brión.

Este concerto é moi importante para nós, por celebrarse no Val Miñor, nun concello onde aínda non estiveramos, e no marco da programación de verán, nun lugar onde anteriormente estiveron Milladoiro, Berrogüetto, Son de Seu e outras agrupacións de primeira liña. Unha parte importante do repertorio, de nova creación, refírese á comarca do Val Miñor, o noso escenario natural.


- Cantares do Brión -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal