>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Axóuxeres, unha festa da lingua para os máis pequenos
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 6 / 9 / 08 )





Axóuxeres é un espectáculo para toda a familia: a través de palabras, arrolos, música, poesía ou teatro, quérese festexar a lingua e traballar pola transmisión xeracional. Galitoon colabora na segunda edición deste programa, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, que pretende ser un motor de "cantigas, brincadeiras e aloumiños" para "metelos no peto e levalos para a casa". Un espectáculo que traballa cos cinco sentidos, encabezado por un entrañábel peluche (Totó, que está aprendendo a falar e que tamén estivo presente na conferencia de prensa), e que percorrerá varias vilas e cidades galegas.

Polo de pronto, ao longo do mes de setembro poderemos velo en Lugo (na Praza da Horta do Seminario) o sábado 6; na explanada do pavillón de Riazor, na Coruña, o domingo 7; no Parque Barbaña de Ourense, o sábado 13; na Praza do Rei, en Vigo, o domingo 14; e no miradoiro da Alameda compostelá o sábado. Todas as funcións serán de balde e ás 12.00 horas.

Estas Festas abren os Encontros dos Axóuxeres, que terán lugar ao longo do outono e o inverno en 25 vilas galegas. O espectáculo, dunha hora de duración, realízase baixo unha carpa, cun elenco de seis músicos e sete actores e actrices, e convida a facer unha suxestiva viaxe a través dos cinco sentidos, con arrolos, cancións, coreografías, xogos, adiviñas e outros recursos. O programa conta coa participación de Elena Paz na presentación, co músico Xosé Liz e con Xabier Díaz como artista convidado.



Noticia enviada por Miguel Souto













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal