>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

IX Noite Folk en Negreira

(ultima actualización: 9 / 8 / 11 )





SÁBADO 20 de AGOSTO de 2011
REFUXIO dos PESCADORES de COVAS – NEGREIRA

Pola tarde:
Xantar Popular a Prezos Populares
Actuación da Charanga os Chiquilicuatres

A partir das 22:00 h.:
Fol de Veneno
Limagoia
A Compañía do Ruído
Susana Seivane




A Noite Folk de Negreira chega este ano a súa novena
edición. Nove anos nos que se promocionou o folclore tradicional e
as novas tendencias no mundo da música Folk, co gran handicap
do escaso presuposto e os poucos medios que se manexan.

Arredor de 3.000 ou 3.500 persoas participan cada verán
nesta cita musical e cultural, que ano tras ano vai gañando en
asistencia e calidade.

Parte do éxito, débese a beleza do lugar onde se fai a
Festa; O Refuxio dos Pescadores de Covas, este privilexiado
entorno está rodeado dunha fantástica carballeira, que convirte
a este máxico paraxe nun marco inmellorable para este tipo de
celebracións.

O terceiro sábado de agosto dende o mediodía, pódese

disfrutar dos mellores grupos de música tradicional, bailar e cantar
coas diversas actuacións, degustar os productos típicos da terra, e
troulear ata altas horas da noite.

Con todas as dificultades que ten a de organizar unha festa,
nunha vila pequena, con pouca poboación, e con escasas axudas
das entidades públicas, é un dos poucos festivais que se celebran
na comarca de santiago, onde os nosos músicos e artistas teñen a
posibilidade de amosar a nosa cultura.


- Noite Folk- Limagoia- Fol de Veneno- Susana Seivane- Compañía do Ruido -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal