>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Romaría Vikinga de Catoira
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 2 / 8 / 11 )





PROGRAMA ROMARÍA VIKINGA 2011

IV Curso de Música Romaría Vikinga
Do 18 ó 21 de xullo / Salón de Actos Edificio Felipe Aragunde
Concerto de Clausura
Xoves 21 de xullo / 20,30 h. / Auditorio Edificio Felipe Aragunde

 

Curso: “Axentes sociais na promoción do benestar físico e psicolóxico”
Universidade de Vigo / Concello de Catoira
Do 28 de xullo ó 4 de agosto / 9,00 – 14,30 h. / Salón de Plenos do Concello

 

VIII Rapa das Bestas do Xiabre
Único curro de Galicia con gradas naturais
Sábado 30 de xullo
8,30 h. Saída ó Monte Xiabre e encontro das bestas ata o peche das bustarengas
22,00 h. Degustación de poldro na Carballeira de San Cibrán e verbena popular
Domingo 31 de xullo
9,00 h. Rapa das bestas no Monte Xiabre
12,30 h. Baixada das bestas ó curro de San Cibrán
14,00 h. Xantar campestre
16,30 h. Rapa e monta salvaxe das bestas no curro de San Cibrán.
Foliada durante toda a xornada.
Organiza: A.C. Cabalar do Xiabre

 

Festival de bandas de música
Domingo, 31 de xullo / 20:30 h. / Praza da Rúa da Estación (En caso de chuvia no Edificio Felipe Aragunde)
Banda Xuvenil de Barro
Banda Unión Musical de Meaño
Banda de Música de Catoira

 

Exposición “Compostela e Europa. A historia de Diego Xelmírez”
Xacobeo. Consellería de Cultura e Turismo
Do 25 de xullo ao 5 de outubro / Sala de exposicións do Edificio Multiusos

 

Teatro: "¿Quieres ser mi valkiria?"
Escola Municipal de Teatro de Catoira
Luns, 1 de agosto / 20:00 h. / Recinto das Torres de Oeste
As valkirias vivían moi tranquilas entre loita e loita ata que a chagada dun humano doutra época desbarata a súa vida loitadora, pero pacífica. O estranxeiro é un inventor que vén do futuro para levarse o seu tesouro, pero ¿qué tesouro?

 

Teatro: "Catoira significa loita... e loita é feminino"
Escola Municipal de Teatro de Catoira
Do 1 ao 5 de agosto / 21:30 h. / Recinto das Torres de Oeste
As mulleres de Catoira están fartas de saír pouco nas obras de teatro, por que sempre levan os méritos os homes? Este ano deciden facer unha asentada e botar a obra principal abaixo. Ademais, pinchan os barrís de cervexa e subtraen os bocadillos dos compañeiros. Quen gañará? As mulleres? Os homes?... Os mosquitos?

 

Teatro: "Las increíbles aventuras de Rubenok y Ramonuk"
Escola Municipal de Teatro de Catoira
Martes, 2 de agosto / 20:00 h. / Recinto das Torres de Oeste
Os guerreiros vikingos Rubenok e Ramonuk son grandes amigos, pero agora terán que poñer a proba a súa forza, valentía e amizade indo buscar á nai de Rubenok ó escuro bosque de Catoirak, onde as criaturas escuras apresaron á boa muller.

 

Teatro: "Esto es de locos"
Escola Municipal de Teatro de Catoira
Mércores, 3 de agosto / 19:30 h. / Recinto das Torres de Oeste
Rasa acaba de herdar unha mansión pero, ó chegar ó lugar, a casa está ata arriba de xente estraña que a fai dubidar entre quedar ou marchar. A locóloga do lugar convence a pobre Rasa de que quede, pero o descubrimento de que as persoas que pululan polas habitacións son tolos de remate fará que Rasa non poida saír ben parada da situación.

 

Teatro: "Una noche de terror en la mansión encantada"
Escola Municipal de Teatro de Catoira
Xoves, 4 de agosto / 19:30 h. / Recinto das Torres de Oeste
A gravación dunha película de misterio une ós máis variopintos actores: repipis empedernidas, actores tímidos con dobre personalidade ou actrices de segunda con ansias de fama. Ata aquí unha rodaxe normal, pero, se cadra, a mansión non é tan normal como parecía. Chegarán a acadar a fama ou rematarán todos baixo as gadoupas da Mansión Encantada?

 

Teatro: "A Chave"
Do 1 ao 5 de agosto / 22,00 h. / Recinto das Torres de Oeste
Cidade de Deus acaba de pór unha gran responsabilidade en mans do pobo de A Chave, restaurar as Torres pendurando unha cadea entre ambas e preparar un exército para cando cheguen os normandos. O caudillo unha vez máis acata as ordes. O seu fillo Fermín non está tan de acordo, pero acepta adestrar os futuros soldados de A Chave.
Un amor máis aló dos pobos, un desenlace incrible e unha ansia de liberdade tal, que “A Chave será lembrada durante séculos”.

 

Regata de Piragüismo
Sábado 6 de agosto / 10,15 h. / Praia Fluvial
Competición amigable:  K-2 e C-2 (cadetes, júnior, sénior)
Organiza: Club de Piragüismo As Torres-Romaría Vikinga

 

I Velada Benéfica Ursula Boxing de Catoira
Sábado 6 de agosto / 21,00 h. / Pavillón Municipal de Deportes
Beneficiario da doazón: Fundación Lar Pro Saúde Mental
Organiza: Ursula Boxing

 

VIKINSONS
Venres 5 de agosto
Krömer / 00,00 h. / Praza do Dtor Vázquez
Black Soul Motard / 02,00 h. / Avenida Eloy Domínguez

Sábado 6 de agosto / 00,00 h. / Explanada da Praia Fluvial
Ataque Escampe / Ulträqäns / Discoteca Móbil

 

Cea vikinga
Sábado 6 de agosto / 22,00 h. / Recinto Torres de Oeste
Venda de tickets na Biblioteca Pública Municipal de Catoira

 

Desembarco da Paz
Sábado 6 de agosto / 00,00 h. / Recinto Torres de Oeste
Procesión de fachos, dramatización do conxuro e degustación de queimada

 

51 Romaría Vikinga
Domingo 7 de agosto
- 10,00 h. Pasarrúas de grupos folclóricos desde a Praza do Concello ata o recinto das Torres
de Oeste
Mexillonada e viño tinto do Ulla e mercado medieval no recinto das Torres de Oeste
- 12,00 h. Actuación de Troula Animación e Folión de Viana no recinto das Torres de Oeste
- 13,00 h. Dramatización do desembarco vikingo e defensa das Torres de Oeste
- 13,45 h. Actuación de Troula Animación e Folión de Viana no recinto das Torres de Oeste
- 14,00 h. Xantar campestre
- 22,30 h. Verbena popular na Alameda do Concello: "Manila" e "Limón"




- Vikinsons- Ulträqäns- Ataque Escampe -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal