>> Iniciar Sesión  




+     

 


 



Grupos de toda a zona participarán o venres na Foliada de Monterroso
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 29 / 7 / 11 )



O venres celebrarase na vila monterrosina a primeira edición da Foliada de Monterroso, que organizan os gaiteiros locais coa colaboración do Concello. Será a primeira de dúas xornadas seguidas de actividades, xa que o sábado desenvolverase durante todo o día a Festa do Deporte, que promove o organismo municipal.

A Foliada será na antiga Feira do Froito, lugar no que ás dez da noite comezarán as actuacións que estarán a cargo dos grupos D'Ambarría, de Monterroso; Falcatruerios, tamén do municipio; Vos D'Eiquí, de Taboada; Fiadeira, de Antas de Ulla; Buxaina, de Pas de Rei, e Varacuncas, do concello pontevedrés de Rodeiro.

Ao finalizar o concerto destes grupos haberá «festa rachada ata que ou corpo aguante», segundo anunciaron onte os organizadores. Tamén haberá queimada «para espantar as meigas».

Pola súa banda, o organismo local espera que a animación na localidade sexa permanente durante todo o fin de semana, que coincide co cambio de mes e co comezo da chegada de emigrantes de vacacións.



- Foliada -
- Asociación Fiadeira -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal