
Mañá sábado 23 de xullo vaise celebrar en Donón, parroquia do Hio (Cangas) a terceira edición da súa foliada do Día de Galicia. As actuacións principiarán ás sete da tarde cun pasa rúas a cargo da charanga Treboada do Gato. Unha hora despois terá lugar o Concurso de Tortillas, “de patacas, setas, estrume e o que se vos ocorra, que non sexa velenoso”, amenizado pola agrupación Sons do Muiño.
Ás dez da noite dará comezo a foliada en si, coa música dos seguintes grupos: Volandeiras, Punkis da Tellada, Sons da Eira, Sachadisco, Ludovaina
|