>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

1º Certame de "Canción de Taberna" no Var con Uve (Moaña)

(ultima actualizaci�n: 22 / 7 / 11 )





Este venres 22 de Xullo comeza, coa actuación de Mini e Mero, o 1º Certame de Canción de Taberna en Moaña, que tera lugar tódo-los venres deste verán ate o 19 de Agosto no Var con Uve (Rúa Soage Hermida Nº115)


O Var con Uve, seguindo coa celebración de eventos que teñen que ver coa nosas tradicións e identidade cultural, convoca o 1º certame provincial de canción de taberna. A finalidade deste certame e divulgar e promover a nosa canción popular que o longo do tempo se viña desenvolvendo nos bares e tabernas como atributo da nosa riqueza cultural. Esta tradición, ademáis de facer pasar un rato agradable, fomentaba a camaradería e do redor dunha canción xuntáronse grupos, máis ou menos estables, como A Roda e outros, que ainda non acadando esas cotas de popularidade, tamén forman parte do noso patrimonio musical. Esta tradición foise perdendo a partir dos anos ´75 e ´80, por mor de moitas circunstancias, entre outras, empezaron a aparecer carteis nas tabernas que dicían: " se prohibe cantar por orde gobernativa" e outros que dicían: "si cantas bien al teatro y si no a la calle", isto levou pouco a pouco a que aqueles grupos, non estables, foran deixando de cantar, polo que tamén se foi perdendo unha riqueza cultural e unha parte da tradición da nosa terra.


Bases para participar no 1º certamen provincial de canción de taberna.


1. Podrán participar tódolos solistas, grupos, ou colectivos da provincia.

2. O grupo terá carácter afeccionado e estará acompañado por voces e instrumentos, sen exclusión.

3. As actuacións levaránse a cabo no Var con Uve os venres, dende o 22 de xullo ó 19 de agosto.

4. Cada participante podrá enterpretar 5 pezas das cales 3 teñen que ser en galego.

6. Cada día do certamen actuarán dous grupos e o turno de intervencións será por sorteo o mesmo día da actuación de cada un deles.

7. O xurado estará formado por 5 membros con coñecementos músico-corais


Tódolos participantes serán agasallados con premios conmemorativos e con productos típicos de taberna. Os interesados en participar poden inscribirse a través do Tlf: 986-31-09-91, no perfil do Var con Uve no facebook ou na dirección de correo electrónico: barconuve@hotmail.com


- Mini e Mero- Cantos de Taberna- Var con Uve -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal