O xurado do XVIII Concurso de Gaita Galega "Constantino Bellón" do Ateneo, presidido por Víctor Fernández Gabeiras, acordou onte conceder o premio deste ano a un dos favoritos, Pablo Devigo Vázquez, de Castro Caldelas (Ourense), que o ano pasado xa obtivera o premio de composición pola súa partitura "Bría" que lle foi entregado este sábado.
O xurado concedeu ademais dous accésits a Gonzalo Abelairas Lemos, de Ourense, e Bruno Villamor Gay, de Lugo.
|