>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Programación definitiva do Festival de Ortigueira
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 28 / 6 / 11 )





XOVES
8 DE XULLO


20h
Inauguración musical na Praza de Isabel II, coa Escola de Gaitas de Ortigueira.

21:30h

Riveira (Chile)
Finalista “Proxecto Runas 2011”
Stolen Notes (Andalucía)
Finalista “Proxecto Runas 2011”
Ulträqäns (Galicia)
Finalista “Proxecto Runas 2011”
Óscar Ibáñez & Tribo (Galicia)
Skerryvore (Escocia)

 

 



VENRES
9 DE XULLO

 


21:30h

Escola de gaitas de Ortigueira (Galicia)

Berrogüetto (Galicia)




Brian Finnegan big band (Irlanda)

David Pasquet group (Bretaña)




The Urban Folk Quartet (Inglaterra)

 


SÁBADO
10 DE XULLO


Pola mañá
masterclass de Brian Finnegan, John Joe Kelly e Ed Boyd na Casa Consistorial
Pola tarde, concerto a pé de rúa de Brian Finnegan trío na Praza de Isabel II

21:30h

Rua Macmillan trío (Escocia)

 


Luar na Lubre (Galicia)

The Elders (EE UU)

 


Searson (Canadá)

 


The Crass (Galicia)

 


 

DOMINGO
11 DE XULLO

12:00h
Desfile de bandas con saída dende o Porto deportivo

 

 


ACTIVIDADES PARALELAS

Feira de artesanía
O Festival reserva espazo no paseo marítimo para a venda de produtos artesanais. Casetas e postos ambulantes ofrecerán aos visitantes diversidade de pezas únicas, produtos de reventa e artesanía do mundo. A organización primará a promoción de sectores en risco de desaparición e as propostas máis novas. Estará activa dende o mediodía e ata depois de acabados os concertos.
Radio en directo
Radio Galega Música emite, dende o Teatro de Beneficencia, un monográfico do programa Lume na Palleira sobre o Festival Ortigueira. Presentado por Emilio Españadero, realizarase o sábado a partir das 16:00 horas.

Obradoiros Folk:

-  Curso de iniciación á construción de palletas (10 prazas)

Xoves, de 16 a 18 h; venres, de 11 a 13:30 h e de 16 a 18 h; sábado, de 11 a 13:30 horas.

 O coñecido artesán e músico Javier Pena Louzao (Bossa) aproximará aos festivaleros ao mundo da construción da palleta, peza de cana da que depende o resultado sonoro da gaita, a súa afinación e timbre.

Cursos de baile galego (20 iniciación, 15 perfeccionamento)

Iniciación: venres e sábado de 11:30 a 13:30 h. Perfeccionamento: venres e sábado de 16:30 a 18:30 h.

Impartidos pola Asociación cultural Gamelas e anduriñas (Espasante- Ortigueira), estarán dirixidos a calquera persoa, sen límite de idade, que queira aprender as bases ou perfeccionar os seus coñecementos de baile tradicional.

- Curso de composición de música folk (10 prazas)

Venres e sábado de 11:30 a 14 h e de 16:00 a 18:30 h.

Dirixido a persoas que toquen calquera instrumento musical ou canten e teñan inquedanzas creativas e nocións mínimas de lecto escritura musical. Da man do intérprete, arranxista e compositor Ernesto Campos, fundador do grupo Crema de gaita, o alumnado aprenderá, por exemplo, a crear unha variación a partires dunha melodía dada,  ou a facer creacións  libres a partir de modelos expostos na parte teórica do seminario.




- Festival de Ortigueira- Berrogüetto- Luar Na Lubre -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal