>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

15 músicos galegos na estrea mundial dunha suite irlandesa

(ultima actualización: 21 / 6 / 11 )





15 músicos galegos parten rumbo a Irlanda para participar na estrea mundial dunha suite orquestral sobre a Armada Invencíbel



Este martes 21 de xuño parte a expedición galega que pasará unha semana en Sligo -Irlanda- para participar na estrea da partitura escrita polo compositor Michael Rooney sobre o capitán Francisco de Cuéllar, fantástica historia logo da súa odisea coa Armada Invencíbel no 1588 e un dos poucos supervivintes daquela viaxe frustada coa que Felipe II pretendía invadir a Inglaterra de Isabel I.

Os 15 músicos da Escola Livre da MPG que aCentral Folque xestiona en Santiago foron convidados do Celtic Fringe Festival, nos que ademais da “De Cuellar Suite”, promocionarán a música galega en concertos especiais, desfiles musicais, radio e sesións locais.

A estrea terá lugar o sábado 25 de xuño no Radisson Hotel de Sligo, nun palco especialmente deseñado para acoller aos 75 músicos da Ceol na Nog Sligeach Orquestra que estrearán a suite orquestral nunha mistura de músicos tradicionais irlandeses e galegos con músicos de formación clásica.

A expedición galega contará con percusión tradicional, zanfonas, requintas, gaita, voces e gaita, especialidades todas impartidas na Escola Livre da MPG d'aCentral Folque. Levan meses ensaiando e logo de varias visitas do compositor, todo está preparado pra rematar de montar a suite cos músicos en Sligo, onde terán os ensaios finais.

Ademais da suite, a Banda Folque dará un concerto de música galega o domingo 26 de xuño e impartirá obradoiros de baile galego así como a súa participación no pasarrúas de peche do festival.

A “De Cuellar suite” relata musicalmente a saída da Armada desde Lisboa e o seu paso por Coruña, a batalla coa flota inglesa, a dispersión da flota de De Cuéllar por Calais, a viaxe a redor de Gran Bretaña o seu paso por Escocia e o encallamento do barco en Sligo, do que De Cuellar foi un dos poucos supervivientes. A partitura segue coas súas aventuras en Irlanda e a volta a Flandes -daquela territorio español- por Escocia.


- aCentral Folque -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal