
O "Constantino Bellón" foi creado polo ATENEO FERROLÁN, no ano 1991, para servir como unha plataforma de expresión e presentación de novas pezas e autores, e para axudar a manter, potenciar e prestixiar a gura do Gaiteiro Integral da nosa música tradicional de gaita galega. Isto, xémolo baixo a forma dun concurso de composición e interpretación de gaita que pretende manter o xeito de tocar a GAITA GALEGA con xiros e técnicas propiamente galegos. Dentro desa liña, quixemos imprimirlle unhas características propias e coherentes cos seus obxectivos. Así, o "Constantino Bellón" é coñecido polo estrito das súas Bases, que están a convertelo na plataforma máis representativa e garante da nosa música de gaita. Outras das características de seu, son o propio nome e o logotipo do Concurso, realizado cun dos debuxos máis representativos do pintor LUÍS SEOANE, coa tradicional gura do gaiteiro galego que vai impresa en toda a publicidade, así como nunha peza de cerámica, elaborada por Sargadelos e que se entrega a todos os gaiteiros nalistas e ás entidades colaboradoras. Entendiamos que o "Constantino Bellón" debería de xogar un papel representativo de Galicia e Ferrol polo que, as súas edicións veñen a realizarse, dun xeito ininterrompido, o día 31 de agosto, como data signicativa na nosa cidade, e engadindo tamén o día 30 para o de composición. Ó chamarlle “CONSTANTINO BELLÓN”, aquel grande mestre gaiteiro, quixemos render unha pequena homenaxe a todos aqueles que, a través dos tempos e camiños cheos de atrancos, souberon manter vivo o son da nosa cultura ata os nosos días. No apartado de colaboracións conseguimos as máis representativas, como poden ser as das institucións públicas: Concello de Ferrol, Deputación Provincial e Xunta de Galicia, complementadas a nivel privado coa participación de Sargadelos e posteriormente, do Obradoiro SEIVANE co seu signicado sempre comprometido na defensa da cultura galega. Dende a 6ª edición, no ano 1996, introduciuse unha variación moi importante como é a participación de catro gaiteiros das Comunidades Galegas do Exterior. Esta novidade foi posible grazas á aportación da Secretaría Xeral de Emigración que nanciou durante 14 anos os gastos derivados da participación dos mesmos. Neste sentido, engadiuse como Punto nº 5 das Bases do “Constantino Bellón”, o Premio “Gaiteiro de Soutelo”, acadando co mesmo unha presenza en todo o mundo galego, por medio dos envíos de publicidade e gravacións do mesmo, a todos os centros galegos do país e da diáspora. Tamén, e dende o ano 2003 engadiuse o Punto nº 9 ás Bases do Constantino Bellón o Concurso de Composición para Gaita Galega Solista. Evento ao que lle dedicamos un día máis na celebración o día 30 de agosto. Tamén, dende o ano 2008 engadiuse ao Punto nº 5 das Bases do “Constantino Bellón” referente ao Gaiteiro de Soutelo, o Premio Seivane, que consiste nunha gaita feita e personalizada especialmente para esta edición que será concedida a aquel concursante que, a xuízo do xurado, mellor dena, tanto na súa presenza como na súa interpretación, a imaxe tradicional do gaiteiro.
XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega “Constantino Bellón” BASES 1.- Poderán tomar parte tódolos gaiteiros que o desexen. As gaitas poderán estar anadas en calquera tonalidade. A interpretación será sen acompañamento. 2.- REQUISITOS 2.1) Os concursantes deberán enviar ó Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202-204, 15402- Ferrol) un CD gravado coa peza, “Trebellando”, de Agustín Sánchez facendo constar na mesma o pseudónimo adoptado. 2.2) A partitura orixinal dunha peza inédita composta expresamente para este Concurso e unha copia da partitura da peza tradicional ou de autor. 3.- PLICAS 3.1) Os concursantes deberán enviar o CD nun sobre pechado identicado co pseudónimo adoptado. Este sobre deberá incluírse noutro, co mesmo pseudónimo no exterior e acompañado da seguinte documentación: partituras -orixinal e tradicional-, así como os seus datos persoais: nome, apelidos, DNI, enderezo, teléfono e correo electrónico. 3.2) A non cumprimentación dos anteriores requisitos é excluínte da selección para o concurso. 4.- As partituras carán en propiedade do Ateneo Ferrolán. 5.- Co obxectivo de promocionar a participación da Galicia do exterior créase un apartado especíco, dirixido ós gaiteiros das comunidades galegas da emigración, chamado “Gaiteiro de Soutelo”. 6.- Na nal actuarán, como máximo, un total de catorce gaiteiros repartidos do seguinte xeito: * Dez nalistas seleccionados polas gravacións presentadas directamente ó Ateneo Ferrolán, tal e como se contempla nestas Bases. * Catro nalistas seleccionados segundo se especica no Premio “Gaiteiro de Soutelo”. * Tódolos nalistas vestirán obrigatoriamente o traxe tradicional galego. 7.- A interpretación no Concurso constará de: 7.1) Unha peza inédita, creada expresamente para a presente edición do Concurso “Constantino Bellón”, e máis da peza tradicional ou de autor. 7.2) A interpretación de ámbalas dúas pezas, no seu conxunto, non poderá sobrepasar a duración de 6 minutos. Tódolos nalistas recibirán unha peza de cerámica deseñada por Sargadelos, baseada nun óleo de Luís Seoane, cedido expresamente para este concurso, e un Diploma acreditativo da súa participación no Concurso. 8.- A dotación do Premio será de 3000 € con dous accésit de 1000 €. Tanto o Premio como os accésit poderán ser declarados desertos. 9.- Concurso de composición para Gaita Galega Solista. 10.- O Xurado cualicador valorará o emprego de xiros e técnicas propiamente galegos por parte dos nalistas e a súa decisión será inapelable. 11.- Como remate do Concurso, os nalistas interpretarán conxuntamente a peza obrigatoria. Para ilo, deberán traer unha gaita en DO, anada a 440 Hz. 12.- O Ateneo Ferrolán editará unha gravación do Concurso coa edición do mesmo en formato de disco compacto. 13.- O Prazo de inscrición remata o 15 de xullo do 2011. 14.- A nal terá lugar na cidade de Ferrol o día 31 de Agosto do 2011. 15.- Aqueles casos non contemplados nestes artigos serán decididos a criterio do Xurado. A participación no Concurso implica a total aceptación destas BASES.
Concurso de Composición para Gaita Galega Solista (Punto nº 9 do “Constantino Bellón”) 9.1) Poderán tomar parte todos os compositores que o desexen. 9.2) É obxecto deste concurso premiar a mellor partitura escrita para Gaita Galega Solista acompañada ou non, dun conxunto instrumental composto por un tope máximo de 40 instrumentos. 9.3) A composición ten que ser inédita, non ter sido estreada, nin haber sido premiada anteriormente en ningún outro concurso, nin haber sido obxecto de ningún encargo previo. Terá unha duración mínima aprox. de 5 min. e máxima de 12 min. 9.4) Os traballos presentaranse en todos e cada un dos seguintes formatos: a partitura orixinal impresa, formato PDF, formato audible “.MID. .WAV ou .MP3”. Formato de edición de partituras, admitíndose os seguintes programas: ENCORE, FINALE ou SIBELIUS. 9.5) Os concursantes deberán enviar ao enderezo do Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena 202-204. 15402 – Ferrol) este traballo que virá nun sobre pechado identicado co pseudónimo adoptado. Neste sobre deberá incluírse outro co mesmo pseudónimo no exterior e cos seguintes datos persoais no interior: nome, apelidos, DNI, enderezo, teléfono e correo electrónico. 9.6) O prazo de presentación das partituras rematará o día 1 de xullo de 2011. 9.7) A dotación do Premio será de 3000 € con dous accésit de 1000 €. 9.8) O premio poderá ser declarado deserto. “Gaiteiro de Soutelo” (Punto nº 5 do “Constantino Bellón) a.- Co gallo de promocionar a participación da Galicia do exterior no Concurso “Constantino Bellón”, o Concello de Ferrol convoca o Premio “Gaiteiro de Soutelo”. b.- Poderán participar tódolos gaiteiros de fora da Galicia así como dos centros galegos da Galicia do Exterior. c.- Os concursantes deberán enviar ao enderezo do Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena 202-204. 15402 – Ferrol): 1) Un CD gravado coa peza “Trebellando”, de Agustín Sánchez, facendo constar na mesma o pseudónimo adoptado. 2) Partitura orixinal dunha peza de composición inédita, creada expresamente para este Premio, así como copia doutra tradicional ou de autor. d.- PLICAS: Os concursantes enviarán o CD nun sobre pechado cun pseudónimo identicador. Conxuntamente, noutro sobre escrito por fora co mesmo pseudónimo, deberán facer constar os datos persoais do participante: nome, apelidos, enderezo, DNI, país de residencia e correo electrónico. No mesmo deberán incluír o orixinal da partitura inédita presentada ó Premio “Gaiteiro de Soutelo”, e máis a copia da tradicional ou de autor. e.- PRAZO: O prazo de presentación remata o 15 de xullo do 2011. f.- PREMIOS: Os premios “Gaiteiro de Soutelo” consistirán na asistencia e participación, cos gastos de desprazamento e estadía pagados, ao Concurso “Constantino Bellón” que organiza o Ateneo Ferrolán o 31 de agosto do 2011, na cidade de Ferrol (Galicia). * Haberá catro premios. g.- Coa intención de estimular e recompensar a dedicación e amor pola música e cultura galega na diáspora, o Obradoiro de Gaitas Seivane crea o “Premio Seivane”. Poderá optar a el calquera gaiteiro incluído no Premio Gaiteiro de Soutelo. Consistirá nunha gaita feita e personalizada especialmente para esta edición do Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”. Será concedido aquel concursante que, a xuízo do xurado, mellor dena, tanto na súa presenza como na súa interpretación, a imaxe tradicional do gaiteiro.
Mención de Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN” O Ateneo Ferrolán, en liña coa súa defensa e promoción das artes, na súa faceta de música, coincidindo co Concurso de Gaita “Constantino Bellón”, CREA unha mención honoríca, dirixida a aquelas persoas ou entidades que destacaron polo seu traballo a prol da música galega. 1.- Gaita de Ouro “Constantino Bellón” 2.- Este Premio outorgase tódolos anos, por parte do Ateneo Ferrolán, coincidindo coa celebración do Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”. 3.- Para a nominación de Mencións, o Ateneo Ferrolán solicitará do Xurado do Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón” a súa opinión que se reexará nunha terna de candidatos a valorar, quedando a nominación e concesión nal baixo os criterios do Ateneo Ferrolán. 4.- A presente Mención será de carácter honoríco e non económico, non estando suxeita a ningún tipo de compromiso por ámbalas dúas partes, a non se-lo propio e moral que conleva o recoñecemento público da labor efectuada polos galardoados.
|