>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Festa da Conrobla
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 20 / 6 / 11 )





O sábado 9 de Xullo celébrase, nos terreos Piscina Municipal de Boimorto, a Festa da Conrobla (Serán ou Foliada ó xeito de Boimorto), organizada pola A.F.C. Os Santiaguiños de Boimorto.

A festa da Conrobla é esta unha xornada festiva aberta e participativa: xuntanza de moz@s e maiores, de pais e fillos, para desfrutar da nosa música, do baile, dos xogos e do xantar.

Comezaremos xa pola mañá, cunha sesión vermú e actuacións musicais. Logo podedes xantar con nos a prezos populares, e visitar a nosa feira de artesanía e produtos locais. Pola tardiña, xogos tradicionais e interesantes obradoiros de baile e percusión de balde. Xa no serán, cea organizada pola asociación e a actuación do resto de grupos participantes... e baile e festa ate que o corpo aguante, con fogueira e chocolate quente incluidos!


Sabede tamén que contamos con zona de acampada, por se alguén quere ficar a durmir despois da festa.



Se queredes vir a tocar, ou que o voso grupo baile ou actúe, ou propoñernos outras actividades, estamos abertos a suxerencias e achegas. Sabedes que convidamos a xantar ou cear a todos os que participen, sempre que nos avisedes con antelación.

Estamos a organizar tamén unha mostra de traballos artesanais. Se sabedes de algún artesán da comarca ou arredores que lle poida interesar participar e amosar a sua actividade, por favor, poñédenos en contacto!

Para calquera cuestión ou consulta, facédeo no: 654203169. E os que queirades actuar, lembrade anotarvos antes do luns, 4 de Xullo.

Estades tod@s convidad@s a participar.

Agardamos contar na Conrobla coa vosa compaña!!


- Conrobla -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal