>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

1ª Foliada da Lembranza en As Pontes
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 18 / 6 / 11 )





Organizada pola Asociación de veciños “Veiga da Areosa” do barrio da Casilla (As Pontes) e en colaboración cos grupos de música Tradicional das Pontes, o sábado día 18 de Xuño, terá lugar en dito barrio a 1ª Foliada da Lembranza co gallo do Solsticio de Verán (San Xoán), un pouco anticipado, se cadra, para que non coincida coa celebración que poidan programar outras asociacións da Vila.


O lugar elexido, será o auditorio exterior da Praza da Lembranza, a carón do lago da mina (o lago artificial mais grande de España), onde dita asociación, montará unha carpa por se o tempo non nos acompañara, e tamén un “chiringuito” onde a veciñanzas e tamén visitantes, poderán degustar algún alimento e tamén as sardiñas da época regadas con brevaxe espumoso e outros líquidos que nos axudarán a escorrentar as Meigas.

“Polo san Xoán, a sardiña pinga no pan”

“Na noite de san Xoán, bebe viño e come pan”

Os grupos farán a partir das 19:00 horas un pasarrúas polo barrio da Casilla para xuntarse todos ás 20:00 horas na Praza e interpretar entre todos unha peza, que podería ser o Antigüo Reino de Galicia. As 20:30 empezaríase coas actuacións no esceario, con duración de 20 minutos por grupo,

Os grupos participantes serán:

Alende
Alfaia
Cana Vella
Escola Municipal
No Cómbaro
O Gaiteiro Freixo
Os Feroces da Galgueira
Os Suplentes
Os Trevillas


Eles serán os responsables de poñer a xente a bailar a ritmo de xotas, muiñeiras e pasodobres. Esto supón, máis ou menos, unha duración de catro horas, co cal remataría á 01:00 aprox., a partir de aquí quedaría o esceario a dispor de todos/as músicos/as asistentes que o soliciten, seguindo coa fórmula dos 20 minutos de actuación para que a festa non pare e poidan tocar todos os interesados.

As 12 da noite farase unha queimada popular con conxuro e incluido.

“A noite de San Xoán, o 24 de xuño, é hoxe unha das festas máis ricas en lendas, supersticións e costumes que acocha o noso folclore, a nosa cultura. Antes de ser cristianizada, era unha relixión popular na que os espíritus do mal actuaban na escuridade con obxectivos malévolos na percura dalgunha victima.”















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal