>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

O alumnado da Escola Municipal de Música de 2011 serán os protagonistas nos concertos de fin de curso | Concello de Arteixo
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 16 / 6 / 11 )





O xoves 16 e o venres 17 de xuño ás 19:00 h terán lugar os concertos de fin de curso á cargo dos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música de Arteixo (EMMA) no Auditorio do Centro Cívico Cultural.

Aproximadamente 100 pupilos participarán ofrecendo un repertorio do máis variado que abarca todos os estilos e períodos musicais.

A EMMA acolle alumnas e alumnos de todas as idades, dende os 4 anos, pertencentes aos grupos de Iniciación 1 da materia de Música e Movemento, ata os 68 anos, a idade do alumno máis veterano da escola. Como particularidade importante deste curso cabe destacar a incorporación de dúas actividades complementarias ao plan de estudos: as agrupacións colectivas de “coro infantil” e as agrupacións de distintos instrumentos, un arduo traballo de coordinación e traballo en equipo dos que nos quedará constancia a través do repertorio que interpretarán nos concertos.

Os concertos concluirán cunha entrega de diplomas á primeira promoción de alumnos da escola (2007-2011) que acredita o remate dos seus estudos na especialidade elixida das ofertadas: piano, acordeón, gaita, guitarra, frauta, violín, saxofón, clarinete, vento metal, percusión e óboe.




- Arteixo -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal