NOVAS RELACIONADAS:
O sábado 18 e domingo 19 terá lugar a "XI Foliada e Romaría do Lecer", organizada pola A. C. Xacarandaina no Auditorio do Parque de Santa Margarida. - O sábado 18, a partir das 21:00 horas, comeza a Foliada, con moitos grupos anotados para actuar ese día, e aberta a toda a xente que queira participar. - O domingo 19 terá lugar a Romaría do Lecer, o día da gran familia de Xacarandaina, O programa dará comezo ás 12:30 h. incluíndo, durante todo o día, a actuación das alumnas e alumnos da asociación onde amosarán o aprendido durante o curso enriba do escenario; intercalaranse actuacións de grupos de baile tradicional, pandereteiras e pandereteiros, cuartetos de gaitas, baile de salsa e merengue, acordeón, guitarra, bailes de salón... Paralelamente, están previstas diversas actividades para todo o día: - Aula aberta de baile para adultos e cativos. - Aula aberta de percusión para adultos e cativos. - Xogos para pequenas e pequenos. - Campionato de parchís por parellas. Para participar nesta actividade o público interesado debe anotarse antes. - Campionato de tute, tamén por parellas. Para participar nesta actividade o público interesado debe anotarse antes. - Concurso de tortillas. Para participar nesta actividade deberase traer a tortilla da casa. A Asociación Xacarandaina celebra desde o ano 2001, no mes de xuño, esta Romaría coa que pretende recuperar o "sabor" de festa e lecer das antigas romarías galegas. Desde Xacarandaina animamos a toda a xente da cidade e arredores a participar neste día, como un día de homenaxe participativo ao folclore e cultura galegas, axudando deste xeito a que todas as coruñesas e coruñeses nos sintamos máis orgullosos das nosas tradicións, sen deixar que se extingan.
|