>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

3ª FESTA DA PANDEIRA o 30 de agosto de 2008 en Piornedo
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 28 / 8 / 08 )





ASOCIACIÓN CULTURAL " O TEIXEIRO "

A 3ª festa da pandeira, está prevista para o 30 de agosto de 2008 en Piornedo, celebrase en agosto ao igual que as edicións anteriores, porque hai moitas tocadoras da zona que agora viven con familiares nas cidades e unicamente veñen na época estival.



Número de participantes previstas: 20

Número de asistentes previstos: 400

Número de colaboradores ocasionais: 15



PROGRAMA:

10:00.- Recollida das tocadoras que non poden acudir polos seus medios ( Trabao, Vilaver... )

11:00.- Recepción e acollida de convidad@s.

13:30.- Comida de homenaxe para as convidadas.

17:00.- Actuación pública na carpa.

20:00.- Acto lúdico aberto, coa participación de todos os asistentes.

A pandeira e as suas formas de tocala foron substituidas en case toda Galicia pola pandeireta porque esta permite maneos máis vistosos, adaptase mellor a novos ritmos musicais e, sobre todo, porque foi máis potenciada desde ámbitos "institucionais", quedando relegado o uso da pandeira ás zonas máis illadas, o que ocasionou que case teñan desaparecido o instrumento e os toques.

Afortunadamente está agromando un novo interese en varios grupos musicais e as actividades que organizamos centradas na pandeira son moi ben acollidas tanto polos especialistas como pola xente da zona, que se sinten valorados e reviven a súa mocidade.

As edicións da festa da pandeira foron un éxito pola participación desinteresada de moitas informantes de toda a contorna ( Asturias, León e Lugo ) que fixeron unhas demostracións públicas interesantisimas sobre cántigas e toques e pola afluencia e a satisfacción do público. Pouco a pouco procuramos ir mellorando a organización para poder acoller mais público: o primeiro ano a actuación foi na escola e sen amplificación, o local quedaba moi pequeno e había que pedir silencio moitas veces para poder oír as intervencións. O segundo ano a actuación xa foi nunha das prazas do lugar ( O Campón ) e incorporamos un equipo de son co que solucionamos os problemas da edición anterior.



A festa ten tres partes diferentes: unha delas é a acollida ( a algunhas convidadas hai que buscalas aos seus lugares de residencia porque non teñen medios para desprazarse ) e a comida coas tocadoras para favorecer un ambiente festivo, para agasallalas e que poidan coñecerse e intercambiar entre elas...esta parte seguirá realizándose na escola de Piornedo.

Para a segunda parte, que é a da actuación pública con equipo de son, carpa, gravación do evento en DVD para darlles as participantes e para que os investigadores que queiran poidan dispoñer dun documento para consultar.

A festa finaliza con actuacións voluntarias e improvisadas do público, moitos deles músicos; esta é unha parte mais lúdica na que todos participan cantando, tocando ou bailando.
















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal