
Aquí temos o programa do VI Serán Mar de Rianxo. Este ano teremos obradoiros desde primeira hora da tarde, seranciño para nenos e nenas e coma sempre, boa música, bos bailadores e bailadoras, comida e bebida a fartar... FESTA!
Obradoiro de Canto e Percusión tradicional: Técnicas de pandeiro no Sur de Galicia
Impartido por: Luís Prego Horario: de 16 a 18 horas Lugar: Auditorio ou Casa da Cultura (pendente de confirmar) Prazas: 20 Prezo: 10 € Requerimentos: - Levar pandeiro.
Nota: A asociación pode prestar un número limitado de pandeiros, de precisar dun, por favor, facer constar en cada inscricción, se teñen ou non pandeiro, ou se teñen ou non maneira de conseguilo.
O profesor: Luis Prego Fernández, recompilador e estudoso do folclore tradicional galego. Director dos grupos Albendeira, Tralovalo e Adonairare, entre outros, e membro do grupo de música folk Ardentía. Escritor do libro “Para cantar e bailar”, (Ed. Do Cúmio, 2008).
Obradoiro de Técnicas de empalletado e afinación de gaita
Impartido por: Emilio Lois. Horario: de 16 a 18 horas. Lugar: Auditorio ou Casa da Cultura (pendente de confirmar). Prazas: 20. Prezo: 10 euros. Requerimentos: - Coñecementos previos de gaita. - Levar gaita. - Levar unha navalla ben afiada. - Levar unha palleta.
Nota: A organización porá á venda palletas para este taller a un prezo de 8 €.
O profesor: Emilio Lois, gaiteiro e mestre de gaita. Na actualidade dirixe grupos como a sección de charanga tradicional da AMBT Vai de Roda, Os Campantes da Baña, A Requinta da Laxeira e A.C. Rosalia de Castro de Cacheiras. Tamén dirixe a escola de música tradicional de Ultreia, onde imparte clases de gaita, requinta, percusión e acordeón. Forma parte de grupos como Ultreia, Carapaus e do cuarteto A Gaita da Baña
|