>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

A Rúa de Cuntis

(ultima actualización: 10 / 6 / 11 )





Coma nos vellos tempos

Moitos foron os puntos da nosa xeografía nos que un cruce de camiños era o lugar idóneo para xuntarse e así distraerse ao son das pandeiretas e gaitas dos traballos nas leiras.

Lugares coma a aldea de Vilariño (Cuntis) no que as mozas e mozos da redonda, incluso achegados e achegadas dende concellos limítrofes coma o de Caldas de Reis, cantaban e bailaban á luz do candil. Martes, xoves, sábado...calquera día da semana era bo para pasar unha tarde, ás veces noite, ao son de muiñeiras, xotas e pasodobres na Rúa de Vilariño.

Así, inspirándonos nesas xuntanzas, xurde A Rúa de Cuntis. Este venres 10 de Xuño ás 22h a Praza das Árbores, onde a Biblioteca Municipal “Roberto Blanco Torres” (antigo Hospitalillo), será o esceario sobre o cal se tentará recuperar o espírito daquela Rúa de Vilariño e de tantas outras rúas e ruadas.

Convidados e convidadas quedades aqueles músicos, bailadoras, gaiteiros, pandereteiras e todo aquel que teña a ben acompañarnos nesta festa, na que non han faltar petiscos de balde para acompañar a ruada.

“Bótalle un agarradiño,

bótalle un agarradiño

que van entrar a bailare

os mozos de Vilariño”

Asociación Cultural
Brisas do Quenllo
A Pontraga - Tordoia



- Ruada -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal